O Concello de Santa Comba nega contaminación da mina de Varilongo

Fontes municipais din que as denuncias realizadas por ecoloxistas non teñen que ver coa mina, senón coa canteira. En todo caso, realizaron xa analíticas das augas tras denuncia de asociacións ambientais.

Por Galicia Confidencial | Santa Comba | 13/11/2020 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Os traballos na mina de Varilongo, en Santa Comba, continúan en marcha. Tras 30 anos parados, volve haber actividade na mina de wolfram xalleira, o que xerou alarma social. Entidades como Petón do Lobo ou Ecoloxistas en Acción veñen de denunciar un posible impacto ambiental polo “baleirado das augas acumuladas no interior dunha das galerías da mina Carmen, que saen a través dunha pista da concentración parcelaria e acaban na outra beira asolagando terras de cultuvo”. Segundo as entidades “esas augas deberían pasar por unha planta de tratamento de DAM, porque poden levar metais pesados ou sulfuros (arsenopirita, calcopirita e pirita), metais xeradores de drenaxes acedas de mina e susceptibles de produciren importantes impactos sobre o medio ambiente”.

Esta é a entrada de Galería Carballeira, en Varilongo, Santa Comba,  o luns e abaixo o mércores tralas obras de canalización Esta é a entrada de Galería Carballeira, en Varilongo, Santa Comba, o luns e abaixo o mércores tralas obras de canalización
Esta é a entrada de Galería Carballeira, en Varilongo, Santa Comba, o luns e abaixo o mércores tralas obras de canalización Esta é a entrada de Galería Carballeira, en Varilongo, Santa Comba, o luns e abaixo o mércores tralas obras de canalización | Fonte: QPC

De aí que pidan “ao Concello que inste a Industria unha analítica dos metais pesados (ferro, arsénico, cobre…) bioacumulativos, e que ao longo e medio prazo teñen consecuencias para os ecosistemas como no ser humano”, tendo en conta ademais que estas augas acaban verténdose no río Xallas. E van máis alá, pedindo “que se esixa á empresa que execute o proxecto de restauración, xa aprobado no seu día, tras máis de 30 anos de paralización irregular, irregular porque a concesión debería estar caducada)”.

BALSAS DA CANTEIRA DA MINA, NON DA MINA

Con todo, fontes municipais corroboran que este martes se realizaron unha serie de visitas de inspección por parte da Dirección Xeral de Minas, a Consellería de Industria e Augas de Galicia. Pero aclaran que as inspeccións foron ás balsas da Canteira da Mina, (a canteira que está ao lado da estrada) e comprobaron que as augas antes de saír ao exterior si que pasan por unha balsa de decantación.

De feito, sinalan dende o Concello que as imaxes do que as asociacións ecoloxistas consideran baleirado da balsa da mina, en realidade son da entrada da Galería Carballeira, zona onde ademais de non haber ningunha bomba de achique, non ten conexión coa mina Carme (a que si se está volvendo a explotar). Afirman ademais que esas augas son da chuvia, e as imaxes das asociacións son debidas ás fortes chuvias caídas durante a fin de semana e o luns.

En todo caso, dende o Concello tamén avisan que a empresa realizou unhas obras de canalización desa saída, para que non asolague ás terras da propietaria dos terreos, sen o pertinente aviso municipal, polo que sinalan que podería haber sancións.

ANALÍTICAS FEITAS

A visita tamén serviu para facer a serie de analíticas que esixían, na súa denuncia, a Asociación Cova Crea. Tomaron mostras en 6-7 puntos das balsas da Canteira da Mina. Ademais tomaron mostras en varios puntos máis abaixo, ata a presa da Xesteira, preto do punto de encontro entre o Rego das Brañas co río Xallas.

É posible que ao longo da vindeira semana Augas de Galicia envíe o informe ao Concello de Santa Comba sobre os resultados da calidade das augas.

Nova do medio colaborador QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta