Máis de 2.350 millóns para que o corredor atlántico non sexa "un xigante durmido"

O Eixo Atlántico presenta un plan con actuacións previstas por valor de 2.358 millóns de euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 12:54

Comparte esta noticia

O Eixo Atlántico e o Consello Económico e Social de Galicia presentaron un plan para o corredor atlántico ferroviario, con actuacións previstas por valor de 2.358 millóns de euros, co obxectivo de que esta rexión deixe de ser "un xigante durmido".

Nunha rolda de prensa telemática, o secreterio do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destacou que levan "meses solicitando ao ministerio o plan director", pero "ninguén" tivo acceso a el, polo que "non se pode afirmar se existe ou non", algo no que coincidiu a alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez.

De aí á elaboración dun plan director "propio", aínda que Vázquez Mao apostou por non chamarlle así, senón 'Elementos para a redacción dun Plan Director do Corredor Atlántico', do que fíxose cargo o enxeñeiro Miguel Rodríguez Bugarín, exdirector xeral de Mobilidade na Xunta. "Na práctica, o documento recolle todo o que hai que facer en cada un dos tramos da vertente galega do corredor", subliñou o responsable do Eixo Atlántico.


"DEIXARSE DE ENFRONTAMENTOS"

Xoán vázquez Mao avisou de que "xa non hai escusa" e "ten que haber unha acción institucional conxunta" e "deixarse de enfrontamentos e posicionamentos políticos partidistas" posto que o que está "en xogo" é "o futuro" dos portos e da economía xa non só galega, ao seu xuízo, senón o da española no seu conxunto.

Documento do Eixo Atlántico e o CES para o corredor atlántico. CAPTURA DO DOCUMENTO (EIXO ATLÁNTICO)
Documento do Eixo Atlántico e o CES para o corredor atlántico. CAPTURA DO DOCUMENTO (EIXO ATLÁNTICO) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta