O Concello de Ourense prevé comezar no verán de 2021 a construción do maior parque da cidade

Jácome presenta un anteproxecto no barrio da Ponte, que inclúe piscinas públicas.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/11/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense presentou este xoves o anteproxecto do parque público que fará no barrio da Ponte, o cal se converterá no máis grande en zona urbana da cidade. Segundo as previsións do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, a construción licitarase entre xaneiro e febreiro cun custo de seis millóns de euros máis IVE. Así, as obras comezarán entre xullo e agosto de 2021 cun prazo de intervención de 18 a 20 meses.

Jácome presenta o anteproxecto do maior parque de Ourense
Jácome presenta o anteproxecto do maior parque de Ourense | Fonte: Europa Press

O parque contará cunha superficie de máis 20.000 metros cadrados --o dobre de grande que o parque de San Lázaro-- e haberá un espazo de piscinas, que abarcarán uns 800 metros cadrados.

O acto de presentación foi realizado polo rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, o concelleiro Telmo Ucha e o arquitecto a cargo do proxecto, Luís Pérez de Juan.

O alcalde explica que se trata do segundo parque con piscinas públicas ao aire libre que se realizou na cidade en "50 anos", despois de Oira.

Aínda que afirmou que "aínda non se pode bautizar" porque "é pronto", explica que levaría o nome da zona, parque Coto-Canedo.

Así, "probablemente", as obras "acaben despois das eleccións", explica Jácome, "aínda que ao equipo de goberno gustaríalle que fose antes", pero "o principal é a inauguración".

As instalacións comporanse de piscinas, con 800 metros cadrados de lámina de auga, zonas axardinadas, parque infantil e zona senior.

Ademais, contará cun aparcadoiro de 400 prazas que estará a dous niveis, sobre o que irá a zona deportiva.

En canto ao aparcadoiro, o alcalde sinalou que se trata "dunha mellora de gran importancia para a zona", porque será "low-cost, non unicamente para acceder ao parque", á vez que "alimentará a zona onde estará a futura praza de abastos que sairá a concesión en 2021".

"Todos os veciños da zona están encantados porque as propiedades inmobiliarias revalorizaranse grazas a esta nova contorna", sostén.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta