A Xunta podería confinar parte da Costa da Morte e Chantada

A Consellería xa informou aos alcaldes da zona de que o Comité Clínico podería tomar esta medida o venres.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 12/11/2020 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

Os datos da incidencia do COVID en boa parte da Costa da Morte e Chantada non son nada positivos. De feito, están xa en alerta 1 pola inicidencia do Covid. Ata o punto de que este xoves, a Consellería de Sanidade comunicáballe aos alcaldes da zona que o Comité Clínico, “con toda probabilidade”, ía decidir este venres o peche perimentral dos 5 Concellos en nivel de alerta 3 da comarca de Bergantiños e tamén o de Chantada, o que suporía o peche da actividade non esencial.

Control en Carballo
Control en Carballo | Fonte: GARDA CIVIL

No caso da Costa da Morte, a decisión afectaría polo menos, aos concellos de Coristanco, Carballo (126 casos activos), Malpica (con 68 casos activos e onde o Sergas realizará este sábado un cribado masivo), Ponteceso (53 casos) e Cabana, provocando o peche da hostalería, confinamento perimetral dentro da bisbarra, e reunións con só convivintes. No caso de Chantada que, xunto con Monforte, están xa en alerta vermella pola incidencia da Covid.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta