Morren máis de 10.000 pitos nun incendio nunha explotación de aves en Ourense

Ocorreu na parroquia de Vilar de Astrés.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 12/11/2020 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

Máis de 10.000 pitos morreron nun incendio declarado na tarde deste xoves nunha granxa dedicada á explotación de aves situada na parroquia de Vilar de Astrés, en Ourense.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, sobre as 16,45 horas recibiuse a chamada de varios particulares que alertaban dun fume visible desde varios puntos da capital ourensá nesa parroquia.

Ante iso, os xestores de emerxencias puxeron a situación en coñecemento dos Bombeiros de Ourense, dos axentes da Policía Nacional e Local e dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención.

Os membros do servizo de extinción traballaron durante dúas horas para atallar as chamas coa axuda dos vehículos autobomba cunha capacidade de 10.000 litros de auga e evitaron a propagación do lume a outras vivendas próximas.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta