Na procura dun lugar de honra para o galego nos EEUU

Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association.Profesores, catedráticos, Decanos, e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia, enviaron o seu apoio.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/05/2013 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O galego pode ter presenza nun dos órganos de maior prestixo lingüístico de Estados Unidos; a Modern Language Association. Iso se prospera a iniciativa xurdida na González-Millán Galician Studies, que axiña se espallou polo mundo académico, tanto galego coma norteamericano, e que xa recibiu apoios de reitores, decanos, xefes de departamento, profesores e alumnos dende o Reino Unido a Nova Zelandia e dende Brasil a Galicia.

Os promotores da petición son conscientes da proxección que teñen os estudos galegos, principalmente nos Estados Unidos, que nun contexto de interconexión internacional atraen cada vez maior interese académico. Deste xeito, inspíranse no traballo pioneiro de Xoán González-Millán, quen dende Nova York propiciou a renovación e unha ampla difusión dos estudos galegos, ata a súa morte nun accidente no 2002.

Como xurdiu?

A iniciativa xurdiu tra-la presentación dunha proposta similar realizada dúas semanas atrás por Benita Sampedro (profesora en Hofstra University en Nova York) en relación con Guinea Ecuatorial. Benita Sampedro é tamén galega e animou o grupo de Galician Studies no mundo anglófono a emprender unha iniciativa similar. "En realidade, esta posibilidade viña sendo apuntada e discutida por moitos de nós desde hai polo menos dez anos. A novidade agora é que tivemos información de que esta importantísima e exclusiva organización con sede en Nova York, Modern Language Association (MLA), está a piques de reunirse para discuti-la revisión das súas seccións permanentes", sinala Gabriel Rei-Doval, Associate Professor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos impulsores da iniciativa, en declaracións a GC.

O MLA é unha organización académica que se centra sobre todo no inglés, aínda que o mundo hispánico é -como en xeral acontece nos EEUU- a outra principal referencia. Neste prestixioso centro son contadas as culturas minorizadas que teñen presenza nel; o catalán e o gaélico, entre eles --Catalan Studies e Celtic Studies--. O MLA é a organización de linguas e culturas máis importante dos EEUU e do mundo, e reúne miles de persoas tódolos anos nunha convención que se celebra nalgún lugar de EEUU ou Canadá. Publica tamén revistas e publicacións diversas de ampla difusión internacional. É tamén a que establece moitos estándares do traballo académico sobre linguas en Norteamérica (e tamén noutras latitudes), e polo tanto calquera sección ou área de traballo que eles recoñecen ten unha tremenda visibilidade na academia norteamericana.

A iniciativa

Por iso no Grupo González-Millán de Estudos Galegos, que agrupa académicos no mundo anglófono pensaron que era agora -e non máis adiante- o momento para "botarse á piscina". Deste xeito, e de forma coordinada, o domingo 5 de maio lanzaron por e-mail, internet e as redes sociais unha campaña que partiu da Universidade de Milwaukee, pero que en cousa de horas comezou a sumar adhesións, primeiro nos EEUU, de costa a costa, e logo no Reino Unido, Irlanda, Australia e Nova Zelandia.

En Galicia foi apoiada desde as tres universidades galegas, e serviron de importantes altofalantes tamén o ILG e a Asociación Internacional de Estudos Galegos. Grazas a iso recibiron adhesións dos máis notables filólogos portugueses, brasileiros e mesmo algúns españois. Nos EEUU, profesores, catedráticos, Xefes de Departamento, Decanos, e mesmo Reitores das mellores universidades enviaron o seu apoio (UC-Berkeley, Columbia University, New York University, City University of New York, Duke U., UT-Austin, Yale...). Ademais, recibiron o apoio de moita xente que ou son bolseiros/lectores, ou investigadores que están comezando, e polo tanto poden se-lo futuro dos Estudos Galegos. Esta é a lista ata agora.

A imaxe de Galicia

"Aparecemos moitos galegos que traballamos en EEUU, pero tamén moitos académicos españois, portugueses, latinoamericanos que senten empatía por Galicia e polos Estudos Galegos, e mesmo moitos norteamericanos (e, obviamente, británicos como David Mackenzie ou John Rutherford, "pais" do galicianismo anglófono)", sinala Rei-Doval. O apoio entre  académicos non-galegos que traballan en EEUU sorprendeu os impulsores da iniciativa. Por iso, barallan retomar este asunto no outono, cunha investigación sobre as razóns polas que este proxecto conseguiu tanta e tan rápida difusión a través da Internet e as redes sociais. "Poida que Galicia proxecte internacionalmente unha imaxe moito máis positiva do que ás veces se pensa, e que exista moita máis simpatía e empatía co noso País do que ás veces parece, sobre todo cando sabe venderse ben a súa importancia co márketing e o discurso axeitados", suliña.

Ademais, esta petición foi subscrita polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mailo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.  "En todo caso, esta é unha iniciativa independente de corte académico, sen afiliación política ningunha, formulada e difundida desde o galicianismo norteamericano -co apoio dos colegas e amigos das Illas Británicas-", engade Rei-Doval. O documento foi redactado en colaboración por Kirsty Hooper, Kerry McKevitt, Benita Sampedro, e o propio Rei-Doval.

Unha língua ponte

"Nós queremos que se considere o galego e Galicia como ponte entre os mundos hispánico e lusófono, e que se vexan as múltiples posibilidades que un campo como o Galician Studies ofrece ós Estudos Culturais, Transatlánticos, Postcoloniais, sobre o Multilingüismo, etc", suliña ao aclarar que é unha labor "titánica" e que levará tempo. "Pero esta campaña é un paso máis nese labor en que se ten esforzado tanta xente, desde os pais (ou se cadra avós) do Galicianismo norteamericano, como Martínez López, Guerra da Cal, Rubia Barcia ou González López, ata o gran reformulador dos Estudos Galegos (en EEUU e tamén en Galicia) que foi Xoán González-Millán", apunta Rei-Doval. En parte, este esforzo, pretende axudar tamén a recupera-la súa memoria.

Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.
Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

8 Castrapian pride

E eu estou pola criaçom dumha cátedra de Castrapo na universidade de Sebastopol, e polo Instituto Internacional de Estudios Chaíñas de Carballo upon Tambre

1 Gabriel Rei-Doval

É curioso, se non fose pola grafía en que está escrito este comentario, podería ser tamén válido desde unha perspectiva españolista e anti-galeguista. Ás veces os modelos discursivos parécense máis do que sería desexable.

2 Akribéstaton

(1) Cada quem é responsável do que ELE escreve (juízos colectivos delatam ânimo condenatório...); (2) as coincidências FORMAIS (e mais entre os OBRIGATÓRIOS e os PROIBIDOS, no meio estão os consentidos...) não são especialmente relevantes (só gratificam os espíritos obtusos que se creem agudos); (3) há mais coincidência, e de fundo, entre os valedores da RAG e da FAES em contra da proposta reintegracionista.

3 André

Como foi oh? Akribestaton no punto 3 esbarras.

4 Atado y bien atado

O ponto 3 é acertado. A institucionalização do galego como língua regional espanhola para conjurar o "perigo português" nasce dum consenso entre determinado galeguismo e o franquismo nos anos 70. Assim foi como nasceram determinadas instituições (com financiamento do regime) e como determinadas pessoas foram promovidas em detrimento doutras. E nisso continuamos.

5 trepia

Oye, a conexión Rosalía de Castro-FAES tamén está clarísima, e a de Otero, e a de Vilar Ponte e, creo que Frei Martín Sarmiento estaba a soldo do Ministerio do Interior tamén.

6 Akribéstaton

FAES representa do modo mais claro a perspectiva centralista espanholizadora. Um dos seus objetivos é a hegemonia absoluta do castelhano. Outorgar licença ao galleguiño é a portagem que paga o poder para não ver-se obrigado a proibir diretamente o que o põe em questão. O galleguiño é o álibi da efetiva imposição do castelhano. Por sermos compendiosos...

7 Non me fio

Seguro que o Callón aproveita para pedir unha subvención e Ferrín apúntase á viaxe en clase business con toda a familia, gratis total, ben acompañado por Jesusito.

1 Gonzalezvillamarin

A gran peste que padecemos en Galicia es o cheiro dos descastados e renegados da sua cultura.

2 Non me fio

Para min é outro o problema. O peor de Galicia e do galego son a cantidade de desvergonzados e ladróns que falsificando a súa historia e envolvéndose na súa bandeira se aproveitan de incautos para beneficio do seu patrimonio

3 Gonzalezvillamarin

Que razon ten Non me fio, eu a esos que enchen no seu patrimonio a costa dos dereitos que quitan a Galicia chamos renegados, colonos, parias de Galicia. E por desgracia temos na Xunta unha boa representación dos Cabalos de Troia, que venderon a Galicia por un puñado de votos.

6 anonimo

eso me suena a lo de siempre: pasta ¿cuanto hemos tenido que apoquinar esta vez?

1 Gabriel Rei-Doval

Pois é un pracer dicirche que neste caso "cero euros" (en realidade, cero dólares). Na vida, non todo é diñeiro. O amor polo País non se pode comprar, nin vender tampouco. Amar é de balde, odiar non.

5 xan soares

moi ben, moi ben!

4 Arquiveiro

Paréceme ben a iniciativa, non se perde nada e as nosas editoriais poderáin vender un par de libros máis nos USA