Na procura dun lugar de honra para o galego nos EEUU

Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association.Profesores, catedráticos, Decanos, e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia, enviaron o seu apoio.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/05/2013 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O galego pode ter presenza nun dos órganos de maior prestixo lingüístico de Estados Unidos; a Modern Language Association. Iso se prospera a iniciativa xurdida na González-Millán Galician Studies, que axiña se espallou polo mundo académico, tanto galego coma norteamericano, e que xa recibiu apoios de reitores, decanos, xefes de departamento, profesores e alumnos dende o Reino Unido a Nova Zelandia e dende Brasil a Galicia.

Os promotores da petición son conscientes da proxección que teñen os estudos galegos, principalmente nos Estados Unidos, que nun contexto de interconexión internacional atraen cada vez maior interese académico. Deste xeito, inspíranse no traballo pioneiro de Xoán González-Millán, quen dende Nova York propiciou a renovación e unha ampla difusión dos estudos galegos, ata a súa morte nun accidente no 2002.

Como xurdiu?

A iniciativa xurdiu tra-la presentación dunha proposta similar realizada dúas semanas atrás por Benita Sampedro (profesora en Hofstra University en Nova York) en relación con Guinea Ecuatorial. Benita Sampedro é tamén galega e animou o grupo de Galician Studies no mundo anglófono a emprender unha iniciativa similar. "En realidade, esta posibilidade viña sendo apuntada e discutida por moitos de nós desde hai polo menos dez anos. A novidade agora é que tivemos información de que esta importantísima e exclusiva organización con sede en Nova York, Modern Language Association (MLA), está a piques de reunirse para discuti-la revisión das súas seccións permanentes", sinala Gabriel Rei-Doval, Associate Professor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos impulsores da iniciativa, en declaracións a GC.

O MLA é unha organización académica que se centra sobre todo no inglés, aínda que o mundo hispánico é -como en xeral acontece nos EEUU- a outra principal referencia. Neste prestixioso centro son contadas as culturas minorizadas que teñen presenza nel; o catalán e o gaélico, entre eles --Catalan Studies e Celtic Studies--. O MLA é a organización de linguas e culturas máis importante dos EEUU e do mundo, e reúne miles de persoas tódolos anos nunha convención que se celebra nalgún lugar de EEUU ou Canadá. Publica tamén revistas e publicacións diversas de ampla difusión internacional. É tamén a que establece moitos estándares do traballo académico sobre linguas en Norteamérica (e tamén noutras latitudes), e polo tanto calquera sección ou área de traballo que eles recoñecen ten unha tremenda visibilidade na academia norteamericana.

A iniciativa

Por iso no Grupo González-Millán de Estudos Galegos, que agrupa académicos no mundo anglófono pensaron que era agora -e non máis adiante- o momento para "botarse á piscina". Deste xeito, e de forma coordinada, o domingo 5 de maio lanzaron por e-mail, internet e as redes sociais unha campaña que partiu da Universidade de Milwaukee, pero que en cousa de horas comezou a sumar adhesións, primeiro nos EEUU, de costa a costa, e logo no Reino Unido, Irlanda, Australia e Nova Zelandia.

En Galicia foi apoiada desde as tres universidades galegas, e serviron de importantes altofalantes tamén o ILG e a Asociación Internacional de Estudos Galegos. Grazas a iso recibiron adhesións dos máis notables filólogos portugueses, brasileiros e mesmo algúns españois. Nos EEUU, profesores, catedráticos, Xefes de Departamento, Decanos, e mesmo Reitores das mellores universidades enviaron o seu apoio (UC-Berkeley, Columbia University, New York University, City University of New York, Duke U., UT-Austin, Yale...). Ademais, recibiron o apoio de moita xente que ou son bolseiros/lectores, ou investigadores que están comezando, e polo tanto poden se-lo futuro dos Estudos Galegos. Esta é a lista ata agora.

A imaxe de Galicia

"Aparecemos moitos galegos que traballamos en EEUU, pero tamén moitos académicos españois, portugueses, latinoamericanos que senten empatía por Galicia e polos Estudos Galegos, e mesmo moitos norteamericanos (e, obviamente, británicos como David Mackenzie ou John Rutherford, "pais" do galicianismo anglófono)", sinala Rei-Doval. O apoio entre  académicos non-galegos que traballan en EEUU sorprendeu os impulsores da iniciativa. Por iso, barallan retomar este asunto no outono, cunha investigación sobre as razóns polas que este proxecto conseguiu tanta e tan rápida difusión a través da Internet e as redes sociais. "Poida que Galicia proxecte internacionalmente unha imaxe moito máis positiva do que ás veces se pensa, e que exista moita máis simpatía e empatía co noso País do que ás veces parece, sobre todo cando sabe venderse ben a súa importancia co márketing e o discurso axeitados", suliña.

Ademais, esta petición foi subscrita polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mailo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.  "En todo caso, esta é unha iniciativa independente de corte académico, sen afiliación política ningunha, formulada e difundida desde o galicianismo norteamericano -co apoio dos colegas e amigos das Illas Británicas-", engade Rei-Doval. O documento foi redactado en colaboración por Kirsty Hooper, Kerry McKevitt, Benita Sampedro, e o propio Rei-Doval.

Unha língua ponte

"Nós queremos que se considere o galego e Galicia como ponte entre os mundos hispánico e lusófono, e que se vexan as múltiples posibilidades que un campo como o Galician Studies ofrece ós Estudos Culturais, Transatlánticos, Postcoloniais, sobre o Multilingüismo, etc", suliña ao aclarar que é unha labor "titánica" e que levará tempo. "Pero esta campaña é un paso máis nese labor en que se ten esforzado tanta xente, desde os pais (ou se cadra avós) do Galicianismo norteamericano, como Martínez López, Guerra da Cal, Rubia Barcia ou González López, ata o gran reformulador dos Estudos Galegos (en EEUU e tamén en Galicia) que foi Xoán González-Millán", apunta Rei-Doval. En parte, este esforzo, pretende axudar tamén a recupera-la súa memoria.

Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.
Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 47 comentarios

3 Señora de LLa Coruña

Pero por favooorrr... gallego en las universidades americanas! Pero si en las españolas, incluso en las de Galicia no se le tiene en cuenta! ¿Para que le va a servir a un Ingeniero de Stanford o un abogado de Harvard aprender el idioma de los labriegos? Jesús! Es como si en la NASA les diera por estudiar el ábaco. Como está el mundo! Como se pierde el tiempo en lugar de hacer pisos y producir riqueza con la costa tan bonita que tenemosss.

1 Arquiveiro

jaja ninguén con dous dedos de fronte vai picar; o teu falso comentario esta feito só para rabiar... Máis sorte a próxima, 'Señora'.

2 Señora de LLa Coruña

Din por feito e obvio que a sorna do comentario recordaría ás políticas do ladrillo que invaden as nosas costas e que agora o PP quere recuperar e as señoras que chaman a radio galega para que lle falen castelán. O de LLa Coruña, con dúas L's a maiores de unha tamén daba algunha pista. Pensei que GC tiña xente máis intelixente lendo.

3 Gonzalezvillamarin

E pra qué lle vale a Galicia ter unha peste descastada e renegada coma ti, ho! Seica non sabes que o galegoportugués e o quinto idioma mais falado do mundo? Da noxo a xente inculta. Até o vasco é estudado na universidade de Nevada, e o vasco só o falan cincocentos mil vascos. Nonn hai peor noxo que os descastados e parias da sua terra.

2 Koro

Nas bibliotecas dessas universidades, os livros galegos estão na secção de português.

1 XAN

Pois sinceramente, mellor que estén na sección de portugués a que non estén... de todas formas observando a gramática que empregas tanto non che debía de importar.

2 Koro

Não, claro, estão onde devem estar. Mas, que gramática é essa...?

3 Loia

Koro, que nos queres dicir? Que che parece mal a noticia? Explícate. A túa gramática é a dos colonizados, a ver se tes máis sorte coa túa cabeza.

4 Atado y bien atado

As universidades americanas obram desde a mais estrita racionalidade quando consideram o galego uma variante do português. Isto foi sempre assim em todas as universidades do mundo, até que nos 70 o franquismo decidiu financiar a miragem do galego como língua regional espanhola. Ainda que, evidentemente, muitas obras publicadas em galego encaixariam melhor como variantes do espanhol... o qual não admira já que o galego está a convergir rapidamente com o castelhano.

5 pasmado

Dicir que o franquismo promoncionou o galego é dun revisionismo histórico só compaable ao de Pío Moa. Alucinante.

6 Atado y bien atado

Que o espanholismo e o galeguismo institucional nos ocultem a história recente não tem nada de alucinante: http://es.wikipedia.org/wiki/Jos%C3... http://es.wikipedia.org/wiki/Xos%C3...

7 Hut

Abaixo o imperialismo portugués e español, ide rañala!

1 Hermerico

"Nós queremos que se considere o galego e Galicia como ponte entre os mundos hispánico e lusófono",sim, o portuñol, o de sempre. E por cima sujando o nome de Guerra da Cal para esta castrapada.

1 trepia

Seguide así, tanto odio non pode ser inútil.

2 Gonzalezvillamarin

Os descastados e parias renegados da sua cultura, si é que é a sua cultura, cheiran que apestan. Habería que botalos a todos fora de Galicia.

3 Kuroi

A ver cando a xente vai caendo na conta de que esta lusistada é fiel reflexo da situación colonial.