As persoas con diabetes tipo 2 teñen alto risco de sufrir doenzas cardiovasculares

Os diabéticos son consideradas colectivo de risco ao ser máis vulnerables en caso de contaxio por coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A preocupación entre os pacientes galegos con diabetes tipo 2 (DM2) por desenvolver unha patoloxía cardiovascular aumenta case un 15% respecto ao ano 2016, a pesar de que o 79% deles non asocia a súa enfermidade con problemas cardiovasculares.

Esta é unha das principais conclusións extraídas da segunda onda da 'Enquisa Crenzas e Actitudes sobre a Diabetes', realizada pola Alianza Boehringer Ingelheim e Lilly en Diabetes e difundida con motivo do día mundial desta enfermidade, que se celebra este sábado, 14 de novembro.

Ademais, lanzouse a campaña 'Diabetes polo teu corazón', que ten como obxectivo concienciar á poboación, e en especial ás persoas con diabetes tipo 2, sobre os problemas cardiovasculares asociados a esta patoloxía.

A 'Enquisa Crenzas e Actitudes sobre a Diabetes', realizada do 20 de maio ao 5 de xullo de 2019 entre 188 entrevistados en Galicia, busca alertar sobre a falta de concienciación en torno ao alto risco cardiovascular asociado a esta enfermidade.

Para o presidente de Sociedade Española de Cardiología, Ángel Cequier, "o feito de ser unha enfermidade asintomática pero progresiva durante moitos anos, sen un impacto físico sobre todo nas fases iniciais, fai que o paciente non sexa plenamente consciente da enfermidade e as súas consecuencias".

CORONAVIRUS

As persoas con enfermidades crónicas, como a diabetes, son consideradas colectivo de risco ao ser máis vulnerables en caso de contaxio por coronavirus, xa que as complicacións derivadas da infección poden ser máis graves que no resto da poboación.

"Cando as persoas con diabetes desenvolven unha infección viral pode ser máis difícil de tratar debido ás fluctuacións nos niveis de glucosa no sangue. O mal control e a presenza de complicacións da diabetes, como son as cardiovasculares, aumentan a gravidade da infección", apunta o presidente da Sociedade Española de Diabetes, Antonio Pérez.

Diabetes
Diabetes | Fonte: HOSPITAL LA LUZ

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta