A Xunta tarda tres meses en proporcionar máscaras gratuítas en colexios a familias con rendas baixas

Educación obriga aos colexios a encargarse da tramitación e repartición deste material.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

As familias galegas con baixos ingresos terán desde o luns, 16 de novembro, ata o venres 27 de novembro para solicitar ás máscaras gratuítas que repartirán os centros educativos públicos e concertados. Unha medida que chega case tres meses despois de iniciado o curso escolar e cando o Goberno central anunciou unha rebaixa no IVE destes produtos.

Así se desprende da orde publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG), na que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece os criterios polos que os colexios e institutos distribuirán este material sanitario durante o actual curso 2020/21.

En concreto, na liña avanzada esta semana polo titular deste departamento, Román Rodríguez, a orde explica que poderán solicitalo as familias con ingresos per capita --por cada membro-- de 6.000 euros ou menos. De feito, serán automaticamente receptores das máscaras os alumnos beneficiarios das axudas para adquirir material escolar, posto que xa cumpre estes mesmos criterios de rentan.

Ademais, entrarán nesta repartición, con independencia dos ingresos familiares, os estudantes de Educación Especial, aqueles sometidos a tutela ou garda da Xunta e os que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65 por cento.

Para elaborar a solicitude, valorarase a renda per capita da unidade familiar correspondente ao ano de 2018, que terá que ser de 6.000 euros ou menos ao repartila entre todos os membros --contan o dobre as persoas cunha discapacidade do 33 por cento ou que percibe unha pensión por incapacidade permanente--. No entanto, en casos de violencia machista, para este cálculo non contarán os ingresos dos agresores.

TRAMÍTANO OS CENTROS

A orde que recolle o DOG establece que lles corresponde aos centros docentes públicos e concertados tramitar as solicitudes, para o que terán tres meses a partir da publicación da convocatoria, así como o resto de labores de xestión, tamén a propia repartición.

O prazo para a presentación das solicitudes será de díaz días hábiles desde este sábado, é dicir, entre o luns 16 e o venres 27 de novembro. A previsión da Administración, tal e como explicou esta semana o conselleiro de Educación, é que reciban as máscaras ao longo de todo o curso escolar ao redor de 100.000 alumnos.

Alumna escribe con xiz nunha lousa.. XUNTA - Arquivo
Alumna escribe con xiz nunha lousa.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta