A Xunta anima aos municipios a sumarse á Área de Transporte de Galicia

Destaca que incluirá descontos en todos os concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia animou aos concellos galegos a sumarse á Área de Transporte de Galicia, que permitirá estender os descontos das zonas metropolitanas aos 313 municipios galegos.

Nunha rolda de prensa celebrada este venres, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou que a entrada en funcionamento de todo o mapa do transporte público renovado a principios de 2021 permitirá "vantaxes económicas para os petos da xente e das familias".

En concreto, o seu departamento prevé estender progresivamente a toda a Comunidade as vantaxes da Tarxeta Xente Nova e da Tarxeta Metropolitana de Galicia a través da área de Transporte de Galicia, que este mesmo venres saíu a información pública no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Segundo explicou o director xeral de Mobilidade, Ignacio Mestre, o proceso de unión na área de Transporte de Galicia por parte dos concellos será "voluntario" e permitirá que toda a Comunidade conte "coaas mesmas tarifas".

Deste xeito, todos os usuarios terán un 10 por cento de desconto na viaxe por utilizar o cartón, rebaixa á que se sumará a unha bonificación dos 0,50 céntimos no caso de que os municipios estean sumados a esta figura. Así, entre outros exemplos, o director xeral citou o caso do traxecto que une a cidade de Santiago con Ribeira, que pasaría de custar 9 euros a ter un prezo de 6.

"Todos os galegos terán as mesmas tarifas vivan onde vivan en Galicia", incidiu Ethel Vázquez, que detallou que, con estas medidas, a Xunta busca "despenalizar" e "eliminar" os custos de transbordo.

Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo
Parada de autobús. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta