O cribado de Ribeira arrinca con 910 participantes

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/11/2020 | Actualizada ás 16:14

Comparte esta noticia

O cribado a máis de 5.500 veciños da localidade coruñesa de Ribeira arrincou con 910 participantes, un 63 por cento de asistencia, na primeira xornada --xoves--.

Así o informou este venres a área sanitaria de Santiago e Barbanza, que explicou que no cómputo total do xoves 12 de novembro acudiron a participa nas probas do cribado 910 pacientes, o que supón unha asistencia do 63,32 por cento.

As mesmas fontes puntualizaron que os resultados do cribado coñeceranse cando estea terminada "toda a mostra", que se desenvolverá ata este domingo pola tarde.

Cribado do coronavirus
Cribado do coronavirus | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press.

Este cribado do Sergas en Ribeira abarca a máis de 5.500 veciños de entre 40 e 50 anos ante o incremento de casos e "a imposibilidade de seguir a cadea epidemiolóxica en moitos deles".

Os citados recibirán un SMS coa hora e lugar, que será na lonxa nova no porto de Ribeira. O acceso é peonil e non se recomenda ir en coche. Deste xeito, tomaranse mostras nasofarinxeas para realizar PCR, que serán analizadas a través da técnica de 'pooling'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta