Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2020 | Actualizada ás 19:53
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o anuncio polo que se inicia este luns, 16 de novembro, o prazo de inscrición de aspirantes nas listas de selección temporal de persoal estatutario da categoría de celador polo sistema de acceso reservado a persoas con discapacidade intelectual.
Nun comunicado, a Xunta subliña que "supón un avance importante na integración laboral" dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia das persoas con discapacidade intelectual, iniciado no ano 2016.
No pasado mes de outubro, incorporáronse 30 profesionais, adxudicatarios das prazas da primeira oferta de selección de fixos para a categoría de celador pola quenda de discapacidade intelectual.
Agora, publícase a apertura de inscrición nestas listas para cubrir as vacantes e as necesidades temporais de persoal que se poidan xerar por este persoal fixo.
Ademais, será compatible a inscrición por esta quenda de acceso coa inscrición na lista xeral da categoría de celador.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.