Pacientes renais crónicos reciben nas súas vivendas un sistema telemonitorizado de diálese

Os sanitarios poden facer un control diario de forma remota de aspectos craves da enfermidade. Actualmente, na área de Ferrol xa son dúas con este sistema.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2020 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

Un paciente renal crónico da área de Ferrol foi a semana pasada o primeiro en Galicia en contar con diálese peritoneal automatizada nos seus domicilios.

Segundo informa a Consellería de Sanidade nun comunicado, este sistema sistema telemonitorizado de tratamento sustitutivo renal permite aos pacientes tratarse en casa.

Os sanitarios poden facer un control diario de forma remota de aspectos claves da enfermidade. Actualmente, na área de Ferrol xa son dúas con este sistema.

"Os pacientes non se teñen que desprazar ao centro hospitalario, que neste momento é un factor importante; e o control é constante e diario", explica Mónica Cunha, enfermaría de Nefroloxía de Ferrol.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta