Seis mortos máis nas últimas horas, tres deles usuarios de residencias

Xa son 1.062 o número total de mortes por COVID en Galicia desde o comezo da pandemia.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/11/2020 | Actualizada ás 23:11

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou nas últimas horas seis falecidos máis con coronavirus, de forma que o total de vítimas desde o inicio da pandemia ascende ata 1.062 en Galicia.

Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus
Respiradores ou equipos de Respiración instalados nas UCIS para facer fronte ao coronavirus | Fonte: EFE

As seis persoas falecidas pacedían patoloxías previas segundo fontes do Sergas. En concreto unha das vítimas tiña 77 anos e estaba ingresado no Chuf de Ferrol. Un segundo falecido rexistrouse no CHUAC da Coruña, un home de 83 anos.

No CHUS de Santiago rexistráronse dúas mortes. O primeiro foi un home de 66 anos. A segunda, unha muller de 88 anos que procedía da residencia de Santa Olalla de Boqueixón.

A dúas últimas vítimas rexistráronse na residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. Eran un home de 83 anos e unha muller de 89.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta