A Laracha, Salvaterra e Sarria entre os 34 concellos en alerta vermella por COVID

Vilagarcía e Nigrán son os dous únicos municipios que saen do nivel máis alto de alerta.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/11/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Un total de 34 municipios galegos permanecen este domingo en alerta máxima por casos de covid-19, un máis dos que había o pasado sábado. A maioría sitúanse nas provincias da Coruña e Pontevedra, que concentran 29 dos 34 concellos marcados en 'vermello' no mapa que cada día actualiza a Consellería de Sanidade na súa páxina web.

Así, as novidades respecto ao sábado son a entrada no grao máximo de alerta da Laracha, Salvaterra de Miño e Sarria; mentres que abandonan o nivel vermello e pasan a estar en laranxa Vilagarcía de Arousa e Nigrán.

Deste xeito, Pontevedra e A Coruña repártense o groso de municipios en alerta máxima. Na provincia pontevedresa hai un total de 15 concellos en vermello e na coruñesa son 14. En canto á Galicia urbana, só 4 das 7 grandes cidades permanecen en grao máximo de alerta: Ferrol, Vigo, Lugo e Pontevedra.

Así as cousas, na provincia de Pontevedra están en 'vermello' os concellos da Estrada, Lalín, Cambados, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Mos, Moaña, Ponteareas, Salvaterra, Tomiño e O Porriño.

Na Coruña aparecen marcados en grao máximo Ferrol, Narón, A Laracha, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana e Vimianzo. Pola súa banda, na provincia de Lugo son catro os concellos en alerta vermella --Lugo, Chantada, Sarria e Vilalba-- e en Ourense só hai un, o municipio de Xinzo de Limia.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.

ALERTA LARANXA

Pola súa banda, no segundo chanzo de alertas hai este domingo un total de 23 localidades galegas, tamén repartidas de forma desigual entre as provincias atlánticas e Lugo e Ourense, que suman cinco entre as dúas.

Deste xeito, Pontevedra acumula unha decena de municipios marcados en laranxa no mapa: Vilagarcía, Ribadumia, Nigrán, Meis, A Guarda, Tui, Cangas, Caldas de Reis, O Grove e Soutomaior.

A Coruña, polo seu lado, ten oito: Ordes, Pontedeume, A Coruña, Laxe, Santiago, Ames, Porto do Son e Boiro. En Lugo aparecen en 'laranxa' Viveiro, Guntín e Monforte, mentres que en Ourense estano a propia Cidade das Burgas e Ribadavia.

Mapa de alertas por covid do Sergas a 15 de novembro. CONSELLERÍA DE SANIDADE
Mapa de alertas por covid do Sergas a 15 de novembro. CONSELLERÍA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta