Alerta amarela por temporal en todo o litoral galego para este luns

A alerta empezará a levantarse xa pola tarde, primeiro nas Rías Baixas e na Mariña a partir das 15,00 horas e, máis tarde, a partir das 18,00 horas, na costa coruñesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2020 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A alerta amarela por temporal costeiro esténdese este luns a todo o litoral galego despois de que este domingo estivese activado na Mariña luguesa e na provincia da Coruña.

Así, segundo figura no mapa de alertas de Meteogalicia, todo o litoral de Galicia, de Ribadeo á Guarda, permenecerá en aviso amarelo desde a madrugada do luns por mar de fondo.

Deste xeito, espéranse ondas de entre 4 a 5 metros en toda a costa galega. A alerta empezará a levantarse xa pola tarde, primeiro nas Rías Baixas e na Mariña a partir das 15,00 horas e, máis tarde, a partir das 18,00 horas, na costa coruñesa.

Ondas superiores a 8 metros en Praias de Riazor e Orzán, na Coruña, Galicia (España), a 28 de outubro de 2020. A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou unha alerta vermella por temporal costeiro no caso do noroeste do litoral coruñés e de. M. Dylan - Europa Press

¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta