O BNG demanda á Xunta o aumento das frecuencias do transporte público e reducir aforamento para evitar contaxios

Os nacionalistas preguntan se "existe algún criterio médico" que apoie que o virus se transmite en menor grao neste tipo de vehículos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2020 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

O grupo do BNG no Parlamento de Galicia instou ao Goberno autonómico a volver decretar a redución de aforamento no transporte público e, en compensación, aumentar en frecuencias para facilitar que as persoas poidan manter a distancia de seguridade en aras de reducir contagios.

O deputado nacionalista Iago Tabarés cuestionará á Xunta sobre a regresión da orde que reducía os aforamentos no transporte de viaxeiros e pregunta se "existe algún criterio médico" que apoie que o virus se transmite en menor grao neste tipo de vehículos.

O parlamentario, segundo recolle un comunicado emitido polo Bloque, pregunta expresamente pola situación en Ourense e apela á Administración autonómica a aclarar se a situación epidemiolóxica na Cidade das Burgas "aconsella relaxar" estas medidas de prevención.

Así as cousas, o grupo nacionalista reclama á Xunta que leve a cabo "as xestións que procedan" para aumentar as frecuencias e prazas en transpore colectivo, tanto en percorridos urbanos como interurbanos, que circulen na cidade de Ourense.

Repartición de máscaras no transporte público en Galicia.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
Repartición de máscaras no transporte público en Galicia.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta