Ferida unha muller ao caer co seu coche por un desnivel na Estrada

O accidente produciuse no aparcadoiro da igrexa de San Xiao de Vexa, onde a condutora caeu co seu coche por un desnivel de 4 metros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

Unha muller resultou ferida na Estrada ao precipitarse co vehículo que conducía por un desnivel de catro metros.

Diso informou o CIAE 112 Galicia, que tivo coñecemento do sinistro a través dunha chamada telefónica ao fío das 15,00 horas da tarde.

O accidente produciuse no aparcadoiro da igrexa de San Xiao de Vexa, onde a condutora caeu co seu coche por un desnivel de 4 metros.

Debido á posición na que quedou o vehículo, a ferida necesitou axuda para abandonar o interior do coche, aínda que os servizos de emerxencia non necesitaron usar os equipos de excarceración.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta