Falecen 81 persoas nunha das peores semanas tras o inicio da pandemia

Sete mortos máis por COVID, seis deles procedentes de residencias. O total de mortes en Galicia é de 1.069 desde que comezou a pandemia

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/11/2020 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

A semana pecha con 81 vítimas pola Covid. Outra cifra récord dunha pandemia que parece empeorar. Nas últimas 24 horas faleceron sete persoas que se suman ás seis do sábado. Durante a semana houbo 21 mortos o luns, 15 o martes e mércores, sete o xoves e dez o venres. En total, desde o inicio da epidemia son xa 1.069 os mortos.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

As persoas falecidas durante as últimas horas por COVID en Galicia son sete, delas, seis procedían de residencias de maiores.

Así, dúas mulleres, unha de 89 anos e outra de 90, falecían no CHUF de Ferrol. Ambas as dúas procedían da Residencia As Virtudes de Pontedeume. Tamén falecía no hospital ferrolán outra muller de 97 anos procedente da residencia San José de Narón.

Outra muller de 95 anos morría no Hospital do Salnés. Procedía da Residencia DomusVi de Ribadumia. No CHUO de Ourense de novo morría outra muller de 85 anos, procedente da Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás.

Por último, faleceron dous homes un na área de Ourense e outro na de Lugo. O primeiro tiña 94 anos e morreu no seu domicilio. O segundo de 93 anos, faleceu no HULA de Lugo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta