O trovadorismo bate coa electrónica para demostrar "a plena vixencia" das cantigas medievais

O remexido electropop grabado por LéRIA entra a formar parte do arquivo dixital de cantigas medievais do Projeto Littera.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Projeto Littera, unha base de datos que recolle o conxunto de cantigas medievais presentes nos cancioneiros galego-portugueses, vén de integran o conxunto LéRIA por ter revisado a Cantiga da Ribeirinha, obra do trovador Paio Soares de Taveirós. Ademais, esta é a peza literaria máis antiga que se conserva na nosa lingua, en disputa con Ora faz host'o senhor de Navarra, de Johan Soárez de Paiva, ambas as dúas datadas a finais do século XII.

Imaxe do grupo musical LéRIA
Imaxe do grupo musical LéRIA | Fonte: bandcamp

Coñecida tamén como Cantiga da Garvaia, a Ribeirinha é unha controvertida peza que oscila entre o amor e o escarnio. Agora, o espazo dedicado a esta cantiga no Projeto Littera recolle, ademais do texto, o seu remexido electropop grabado por LéRIA e inspirado nela.

Trátase do tema máis reproducido no Bandcamp do conxunto galego, o que demostra a plena vixencia duns versos cheos de dobres sentidos e dos ritmos electrónicos que os acompañan nesta viaxe case milenar. "O resultado é unha das máis rechamantes colaboracións da nosa historia musical, onde o trovadorismo bate coa electrónica", indican nun comunicado.

 

PROJETO LITTERA

O Projeto Littera é un arquivo dixital iniciativa da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade NOVA de Lisboa. O catálogo, segundo indican nun comunicado, ofrece tamén imaxes dixitais dos manuscritos de cada cantiga. "E, para acompañar os versos, inclue tamén música na forma de pautas e arquivos sonoros", engaden os impulsores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta