O sector privado aproveita a pandemia para lanzar un escola universitaria de enfermaría

O Hospital Quirónsalud A Coruña e Cesuga asinan un convenio para crear esta nova escola.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

A pandemia da Covid-19 está facendo que institucións privadas cheguen a acordos para tentar meterlle a man á ensinanza pública. Así, o Hospital Quirónsalud A Coruña e o Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) asinaron un convenio para crear unha nova escola universitaria de enfermaría de carácter privado.

A iniciativa busca, segundo explican, "capacitar aos futuros profesionais do sector" para que obteñan "o título regulado de graduado en enfermaría pola Universidade de San Jorge (Zaragoza), á que está adscrita Cesuga".

Na firma do convenio, estiveron presentes, Juan Carlos González Acebes, director Xeral de Organización e Persoas de Quirónsalud; Carlos Paz Miño, director Territorial de Quirónsalud Galicia; José Varela Nuñez, presidente de Cesuga e Venancio Salcines Cristal, director xeral de Cesuga.

No acto o director territorial de Quirónsalud Galicia, Carlos Paz, manifestou que o convenio posibilita "a complementación dos coñecementos teóricos coa práctica asistencial" nos centros do hospital. Os promotores esperan que o título empece a impartirse en setembro de 2021 tras superar os trámites administrativos correspondentes.

Hospital Quirónsalud da Coruña.
Hospital Quirónsalud da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 pepexan

Pepe : Viches esto : "o título regalado de graduado en enfermaría pola Universidade de San Jorge (Zaragoza), á que está adscrita Cesuga" Xan : Non pon "ragalado", pon "regulado". Ou pensas que nas universidades privadas regalan algo ? Pepe : Tes razón. Nestes sitios non se regala nada. Cómpralo e listo !