Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/11/2020 | Actualizada ás 16:34
A Plataforma SOS Desaparecidos activou este pasado venres, 13 de novembro, unha mensaxe de procura para tratar de localizar ao mozo de Narón Fiz Patiño Rubal, de 23 anos, que permanece en paradoiro descobnocido desde o 16 de setembro.
Segundo indica esta plataforma de axuda na procura de persoas desaparecidas, mide entre 1,75 e 1,80 metros, ten complexión atlética, pelo castaño e ondulado, ollos azuis e tatuaxes no brazo esquerdo e mans. Ademais, necesita medicación.
Por iso, apela a que se algunha persoa pode achegar algún tipo de información sobre o seu paradoiro que chame ás forzas e corpos de Seguridade do Estado, ao teléfono 112 ou aos móbiles de SOS Desaparecidos 642 650 775 ou 649 952 957, ou ben empregue o correo sosdesaparecidos@sosdesaparecidos.es.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.