Pancartas polo Día contra a Violencia de Xénero nas subdelegacións do Goberno

A subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento a institucións e cidadáns a traballar na erradicación da violencia machista.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 16/11/2020 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

As Subdelegacións do Goberno nas provincias galegas despregaron pancartas na fachada dos seus edificios con motivo do Día contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro.

Coa colocación destas pancartas comezan os actos das subdelegacións de face ao 25N. O obxectivo é concienciar sobre unha das "maiores secuelas" que sofre a sociedade, en palabras da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba.

"As cifras sitúannos ante a verdadeira dimensión do problema: unha violencia machista estrutural que debemos desmontar entre todas e todos. Cada iniciativa e cada acción suman neste camiño cara á erradicación da violencia contra as mulleres", sinala o subdelegado en Ourense, Emilio González.

Nesta liña, a subdelegada en Lugo, Isabel Rodríguez, fixo un chamamento a institucións e cidadáns a traballar na erradicación da violencia machista.

Pancarta polo 25N na Subdelegación do Goberno de Ourense. SUBDELAGACIÓN DO GOBERNO
Pancarta polo 25N na Subdelegación do Goberno de Ourense. SUBDELAGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta