O viño das Rías Baixas bébese no estranxeiro

A DO Rías Baixas vende ao mercado exterior una de cada tres botellas que produce.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2020 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas indicou este martes que unha de cada tres botellas que se produce acaba no mercado internacional. Así, das máis de 170 adegas que integran esta denominación unhas 107 apostan pola exportación.

Neste sentido, expresaron a súa satisfacción pola "actitude de relativa esperanza" que mostran os crecementos do 5,78% en volume e o 4,34% en valor durante a campaña 2019/2020, que estivo marcada pola situación económica incerta debido á pandemia do covid-19, os aranceis en Estados Unidos e a ameaza do Brexit.

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, participou este martes na presentación dos datos de exportación da última campaña deste selo de calidade, comprendida desde o día 31 de agosto de 2019 ata o 1 de setembro de 2020.

O feito de que as exportacións de viño da Denominación de Orixe Rías Baixas sigan crecendo nun escenario tan adverso "é unha magnífica noticia, e un logro de todos", subliñou Gil de Araujo. Segundo os datos facilitados polo Consello Regulador, as exportacións en mercados internacionais ascenderon a 8,2 millóns de litros e 45,6 millóns de euros.

Vendima. DO RÍAS BAIXAS - Arquivo
Vendima. DO RÍAS BAIXAS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta