Case 1.100 mortos por covid tras seis novos falecidos

Seis mortes, incluída a dunha usuaria da residencia de Salvaterra, elevan as vítimas a 1.092 en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2020 | Actualizada ás 20:53

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias da Comunidade notificaron este martes o falecemento doutras seis persoas diagnosticadas con covid-19, o que eleva a 1.092 as vítimas mortais ligadas á pandemia en Galicia.

Segundo o parte desta xornada, unha das falecidas, unha muller de 78 anos que perdeu a vida no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) procedía da residencia de Salvaterra do Miño, intervida pola Xunta tras detectarse un importante brote.

Tamén no Chuvi faleceu un home de 83 anos. Ademais, Sanidade notificou o falecemento no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) dunha muller de 88 anos e dun ancián de 97. No Hospital do Barco de Valdeorras perdeu a vida un home de 84 anos e unha muller de 95  anos faleceu no HULA.

Evolución do número de falecidos en Galicia.. EPDATA
Evolución do número de falecidos en Galicia.. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta