A Xunta tamén pecha Sanxenxo e O Grove

O Sergas xa avisara a pasada semana de que "tomaría medidas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2020 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

O comité clínico decidiu que Sanxenxo se sume ao grupo dos outros 67 concellos galegos sobre os que pesan as maiores restricións para facer fronte á evolución do coronavirus e impón a esta localidade costeira un peche perimetral xunto ao Grove, que inclúe medidas como o peche da hostalaría.

Estas medidas de restrición para tentar frear a propagación da pandemia publicaranse este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) e entrarán en vigor a medianoite do xoves.

Sanxenxo era un do tres municipios sobre os cales o pasado venres as autoridades sanitarias xa advertiran que se intensificaría a vixilancia debido a que se detectou "un goteo permanente de casos" de Covid-19. "Se non hai unha melloría clara tomaranse medidas, xa advertira a finais da semana pasada a Consellería de Sanidade.

Comensais gozan na terraza dun establecemento aberto en Sanxenxo a 7 de novembro de 2020. Beatriz Ciscar - Europa Press
Comensais gozan na terraza dun establecemento aberto en Sanxenxo a 7 de novembro de 2020. Beatriz Ciscar - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta