Polémica nas redes por usar Néstor Rego o galego no Congreso: "imposición lingüística" ou "falta de educación"?

A presidenta da Cámara retiroulle a palabra tras advertir ao deputado do BNG en tres ocasións por falar en galego. O suceso abre un debate sobre o emprego das linguas cooficiais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Son apenas 90 segundos que veñen de prender a polémica. Néstor Rego, deputado polo BNG no Congreso dos Deputados, achégase ao estrado e arrinca a súa intervención en galego. Co pasar das palabras vanse elevando as voces de fondo na cámara, ante o cal a presidenta Meritxell Batet chama a atención ao deputado ata en tres ocasións. Rego mantense falando en galego e, finalmente, ve como lle retiran a palabra.

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego.. EUROPA PRESS
O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego.. EUROPA PRESS | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press

O suceso, que tivo lugar nun debate sobre a proposición de Vox en resposta á iniciativa lingüística proposta polo Goberno. O xesto de Rego, como era de agardar, está a xerar un intenso debate nas redes. O deputado nacionalista está a recoller un bo número de mostras de apoio, se ben non falta tampouco, por outro lado, críticas á forma e o fondo do seu proceder na cámara. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 nostrus

Nestor Rego fai ben, defende a sua relixión e ao mesmo tempo fai o ridículo. O mais importante para unha persona é a súa relixión, xa os antigos cristians deixábanse matar polo romanos e prefirían ser pasto dos leons que renunciar a súa relixión. E para os do bloque, o galego é a súa relixión. Non é cuestión de lóxica, é cuestión de fe. Supoño que ademais nos contará unha milonga sobre o sufrimento e tortura que padecemos por falar español e tentará demostrarnos que o español non é a súa lingua.

1 José

Home, desta case das no cravo de cheo. Menos as últimas 11 palabras, estou dacordo.

2 nostrus tumbanaciosos

José, por supuesto que el español es lengua de Néstor Rego, pero los nacionalistas, aficionados a la mentira y la manipulación, no tienen reparo en intentar demostrar lo contrario. Si fueran coherentes y el español no es su lengua, que lo demuestren no usádolo nunca o pagando cada vez que lo hagan por usar algo que no es de ellos.