Os positivos diarios remontan a 501 tras dispararse na área da Coruña

Os casos activos, con todo, descenden lixeiramente a 9.051.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Galicia notificou 501 positivos por coronavirus en 24 horas, o que implica unha alza de case un centenar de casos con respecto aos 409 detectados hai un día. Con todo, os casos activos descenden lixeiramente --9 menos que na xornada anterior-- e sitúanse en 9.051.

Así se desprende dos datos actualizados na mañá deste mércores na web da Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do martes, e que detallan que o maior número de contaxios produciuse na área sanitaria da Coruña con 122 novos contaxios --59 máis que o día anterior--.

A de Vigo é a segunda área sanitaria que máis positivos rexistrou por PCR nas últimas 24 horas, con 108 --11 máis que o día anterior--. Pola súa banda, na de Pontevedra e O Salnés detectáronse 88 --21 máis--; 69 na de Lugo --14 máis--; 60 na de Santiago e Barbanza --19--, 33 na de Ourense --7 máis-- e 21 na de Ferrol --18 menos--.

En canto aos casos activos, soben nas áreas da Coruña ata os 1.879 --44 máis--; na de Lugo, con 1.100 --29 máis--; e na de Pontevedra, con 1.254 --41 máis--. Pola súa banda, descenden na de Ferrol, onde se sitúan en 749 --28 menos--; os mesmos que na de Ourense, que pasa a 749 tras experimentar un descenso de 32. Ademais, tamén baixan na de Santiago, na que hai 1.006 casos activos --30 menos--: e na de Vigo, con 2.317 --30 menos--.

En canto ás probas realizadas, as PCR feitas ascenden a 819.277 desde o inicio da pandemia, o que implica 7.336 máis que o martes. Deste xeito, a porcentaxe de infeccións por proba realizada sitúase no 7,2%.

ALTAS E VÍTIMAS

Pola súa banda, os contaxios desde o inicio da pandemia en Galicia sitúanse en 46.728 e os pacientes curados ascenden a 36.586, o que supón 516 máis que o martes.

Ata a data, as vítimas mortais con coronavirus elévanse a 1.092, despois de que as autoridades sanitarias notificasen seis novos falecementos na xornada do martes.

Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press
Proba de COVID-19 en carpa anexa a un centro de saúde de Galicia.. CEDIDA/EUROPA PRESS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta