O comité clínico estuda relaxar restricións no Carballiño e critica que non se cumpran en Lugo

Sanidade pon o 4 de decembro como horizonte levantar peches que aplican desde este xoves en Sanxenxo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2020 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

A evolución epidemiolóxica no Carballiño podería supor a flexibilización das medidas restritivas impostas desde máis dun mes neste municipio ourensán. Unha decisión que o vindeiro venres estará sobre a mesa do comité clínico para a xestión da pandemia en Galicia, que se atopa en proceso de elaboración dun documento que guiará a posible saída dos concellos das restricións máis severas.

Así o dixo o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, en rolda de prensa este mércores acompañado por varios dos membros do comité clínico, que incidiron na necesidade de que, desde a responsabilidade individual, se sigan as medidas impostas para frear a expansión da pandemia.

Deste xeito, o municipio posto como 'modelo' polo comité clínico para a adopción de restrricciones especiais, O Carballiño, podería converterse no primeiro en abandonar o grupo de localidades que se atopan pechadas perimetralmente (algunhas en conxunto con outras localidades lindeiras) e cos establecimentos de hostalaría clausurados. A evolución epidemiolóxica, cunha baixada notable de casos, e as características da zona, son as claves apuntadas para a posible saída do Carballiño deste grupo.

Unhas medidas que afectan n estes momentos en 68 municipios galegos, aos que sumará na madrugada deste xoves Sanxenxo (Pontevedra), que compartirá peche perimetral co Grove. O comité clínico fixa como horizonte o 4 de decembro, cando se pasaría o mes establecido para estudar a efectividade das medidas, como data na que podería empezar a levantarse restricións no resto de Galicia.

Segundo o conselleiro, a situación epidemiolóxica mellorou en toda a Galicia urbana con excepción de Vigo e Lugo, onde se detecta un grao de transmisión do virus máis elevado que na media galega. Mentres que na urbe olívica atribúese esta situación aos brotes detectados en dúas residencias de maiores, o conselleiro sinalou que no caso de Lugo "non se están cumprindo" as medidas restritivas "de forma franca".

Rolda de prensa do comité clínico do 18 de novembro. XOAN CRESPO / XUNTA / Europa Press
Rolda de prensa do comité clínico do 18 de novembro. XOAN CRESPO / XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta