A Xunta permite o desprazamento de todos os cazadores a pesar do peche de máis do 60% da poboación

A Xunta dá vía libre a cazadores federados e non federados para que poidan abater xabaríns e lobos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 19/11/2020 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os cazadores galegos, tanto se están federados coma se non, poderán desprazarse para facer batidas de xabaril e lobos a pesar das restricións de mobilidade que existe para máis do 60% da poboación galega en 60 concellos. Unha decisión que parte da Xunta que publicou a última hora deste mércores unha Circular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que aclara as dúbidas que había neste sector ao respecto.

Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo
Cazador Nun Camiño Público. ANGEL SANCHEZ C. - Arquivo

A polémica decisión chega cando o Goberno central quere protexer o lobo e a Xunta insiste en permitir a súa caza e tras días de confusión na que o Goberno galego só parecía permitir os desprazamentos aos cazadores federados. Tras esta nova orde, todos as persoas que digan que son cazadores federados ou conten coa licenza autonómica de caza poderán moverse por todo Galicia a pesar das restricións. 

Deste xeito, os cazadores poderán desprazarse por todo o territorio galego para accións de caza de xabaril e logo, de acordo coa planificación aprobada para a tempada de caza 2020/2021 nos Plans Anuais de Caza de TECOR, e accións autorizadas especificamente en terras de réxime de caza común, e tamén para actuacións cinexéticas con motivo de danos á agricultura ou gandaría provocados polo xabaril ou lobo. Tamén serán autorizadas as accións de caza como consecuencia de repetidos accidentes de tráfico graves en puntos quilométricos.

A Xunta permite o desenvolvemento destas accións cinexéticas en todas as súas formas, sempre que se respecte a distancia de seguridade e se utilicen medidas de protección física interpersoais ou, na súa falta, alternativas. Así, o uso da máscara será obrigatorio, en calquera caso, mesmo se se mantén a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta