Volven subir a case 40 os municipios en alerta vermella por Covid, coa entrada de Cerceda, O Grove e Tui

En alerta laranxa hai 21 concellos, dous menos que na xornada do mércores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

A listaxe de municipios en alerta vermella pola incidencia do coronavirus na última semana subiu este xoves a 39, tres máis respecto da xornada do mércores co ingreso neste grupo do concello coruñés de Cerceda e os pontevedreses do Grove e Tui.

Así figura no mapa 'semáforo' que cada día actualiza na súa páxina web a Consellería de Sanidade, no que as provincias da Coruña e Pontevedra acumulan o groso de localidades marcadas en vermello, pois só cinco dos 36 municipios sinalados nesta cor están en Lugo (4) e en Ourense (1).

En concreto, á listaxe da provincia da Coruña (16) incorpórase Cerceda, co que aumenta nun máis respecto ao mércores. En nivel vermello figuran tamén: Arteixo, Boiro, Cabana de Bergantiños, Cambre, Carballo, Coristanco, Culleredo, Ferrol, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Narón, Oleiros, Pontedeume, Porto do Son e Ribeira.

Na provincia lucense mantéñense Lugo, Sarria, Vilalba e Burela e na de Ourense, Xinzo de Limia. No caso de Pontevedra, incorpóranse O Grove e Tui de forma que son 18 os concellos en alerta vermella. Xunto a estes dous, figuran: Cambados, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Pontevedra, O Porriño, Poio, Ponteareas, Redondela, Sanxenxo, Tomiño, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.

NIVEL LARANXA

No segundo nivel de aviso, o laranxa, hai este xoves un total de 21 concellos, dous menos que na xornada do mércores. No caso da provincia ourensá mantense en dúas: Barbadás e Ourense, mentres que na de Lugo segue en tres, pero deste grupo sae Monforte e incorpórase Foz. Ademais, mantéñense Guntín e Chantada.

Na provincia da Coruña, son un total de 11 neste nivel coa incorporación de Oroso. A el súmanse Ames, Betanzos, A Coruña, Fene, Ordes, Ponteceso, Santa Comba, Santiago, Vimianzo e Rois.

En canto á provincia de Pontevedra, figuran un total de cinco, cun descenso de catro respecto da xornada anterior. Son Caldas de Reis, que se incorpora; A Guarda, Salvaterra de Miño; Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Mapa de incidencia do Covid. CONSELLERIA DE SANIDADE
Mapa de incidencia do Covid. CONSELLERIA DE SANIDADE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta