Baixan os casos nos centros escolares ata os 1.208, son 27 menos que o mércores

Tamén baixa o número de aulas pechadas ata situarse nun total de 46 fronte ás 53 rexistradas o mércores. Nove delas seguen estando no CEIP Fogar do municipio de Carballo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/11/2020 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

Os casos de Covid-19 nos centros escolares galegos experimentan este xoves un pequeno descenso, como xa ocorreu este mércores, ata situarse nun total de 1.208 positivos, 27 menos que a xornada anterior.

Tamén baixa o número de aulas pechadas ata situarse nun total de 46 fronte as 53 rexistradas o mércores. Nove delas seguen estando no CEIP Fogar do municipio de Carballo.

Este centro sitúase como o principal foco da pandemia no sistema educativo e acumula ata agora o maior número de positivos detectados nun centro, con 40, un máis que o mércores.

Co maior número de aulas pechadas, dúas, figuran, ademais deste centro as escolas infantís municipais de Bergondo e Cambre-A Barcala, con dúas e seis positivos, respectivamente, e a de Chantada, con dous casos.

VIGO E A CORUÑA, MÁIS AFECTADOS

Os centros da área de Vigo son os que seguen tendo maior número de positivos, un total de 340, dous menos que o mércores, pero que obrigan a ter dez aulas pechadas. O CPR Plurilingüe O Castro é o que ten máis positivos, un total de 13, seguido do CIFP Manuel Antonio, con 10.

Séguenlle a área da Coruña, con 272 casos, dous máis que a xornada anterior e a que rexistra o maior número de aulas pechadas, un total de 20. Ademais do CEIP Fogar de Carballo, o maior número de positivos, aínda que en moita menor medida, son o CPR Compañía de María, con oito, o mesmo número que o CPI Alcalde Xosé Pichel, de Coristanco.

RESTO DE ÁREAS

Mentres, na área de Lugo rexístranse 180 positivos, seis menos que o mércores, con oito aulas pechadas, unha menos que a xornada anterior. Os centros con máis casos, un total de 7, son o CEIP A Ponche, o CPR Plurilingüe Divino Mestre e o IES Ánxel Fole, de Lugo; seguido do IES Santiago Basanta, de Vilalba.

Na de Pontevedra, son 153 os positivos, un menos que o mércores, e catro aulas as pechadas, as mesmas que ese día. O maior número de casos, 7, dáse no IES Chan do Monte, en Marín. Na de Santiago, sitúanse en 112 os casos en centros escolares, co que non rexistran variación, e en catro as aulas pechadas, cinco menos.

No caso desta última, o maior número de positivos son cinco, os que se rexistran na Escola Infantil Municipal A Magdalena; de Ames; o CPR Manuel Peleteiro, de Santiago, e o IES Manuel García Barros, da Estrada.

As áreas de Ourense e Ferrol mantéñense, por esta orde, co menor número de positivos, 93 --dous menos-- e 58 --18 menos--, respectivamente, e en ambos os casos sen ningunha aula pechada. Na área ferrolá, o centro con máis positivos é o CEIP Manuel Fraga Iribinare, de Cariño, con seis. Na de Ourense, o CEIP Carlos Casares, de Xinzo de Limia, é o que concentra maior número de positivos, un total de sete.

Medidas de seguridade nunha escola infantil de Abegondo. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo
Medidas de seguridade nunha escola infantil de Abegondo. CONCELLO DE ABEGONDO - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta