Temas: PGE PP A CORUñA

O PP acusa a Pedro Sánchez de "ningunear" A Coruña nos orzamentos do Estado

Considera que son "os peores dos últimos 15 anos" para a cidade.

Por E.P. | A Coruña | 19/11/2020 | Actualizada ás 19:50

Comparte esta noticia

Representantes do PP no Congreso e no Senado, así como no Concello da Coruña, cualificaron as partidas previstas polo Goberno central para a cidade de "ninguneo" e reclamaron investimentos para a mesma. A deputada Tristana Moraleja, acompañada do senador Miguel Lorenzo e da portavoz municipal do PP na Coruña, Rosa Gallego, avanzaron a lista de emendas que o seu grupo presentará aos Orzamentos Xerais do Estado.

O senador Miguel Lorenzo, a deputada Tristana Moraleja e a edil Rosa Gallego presentan as emendas do PP ao PGE
O senador Miguel Lorenzo, a deputada Tristana Moraleja e a edil Rosa Gallego presentan as emendas do PP ao PGE | Fonte: PP.

En total, incluíron partidas orzamentarias por un importe de 90 millóns de euros que, segundo explicou Moraleja, "son vitais para a cidade, á vez que sensatas e realistas". "Acorde co momento que estamos a vivir e do que o Partido Popular, a diferenza doutras formacións, somos conscientes".

Para a deputada popular, os orzamentos de Pedro Sánchez son "os peores dos últimos 15 anos para A Coruña", xa que inclúen o que ela denominou "pedrea dos 100.000 euros" para actuacións como a ampliación de Alfonso Molina, a ligazón ferroviaria do porto exterior ou a obra do Viario 18.

Tanto Tristana Moraleja como Miguel Lorenzo e Rosa Gallego criticaron uns orzamentos que, ao seu xuízo, "desprezan A Coruña" e favorecen outras comunidades "para pagar o seu voto favorable ás contas".

Temas: PGE PP A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta