O sector da cultura pide que sexa declarada "un ben de primeira necesidade"

Solicitan unha subida de aforamentos, maior orzamento e axudas por sector.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 22:23

Comparte esta noticia

A cultura galega reclama condicións dignas e, sobre todo, diálogo. A comisión especial de reactivación económica, social e cultural acolleu este xoves a comparecencia de representantes do sector que, entre outras cuestións, reclaman unha subida de aforamentos permitidos nos espectáculos e salas e que se reconduza o orzamento da Xunta dedicado a esta área ata situala como un dos eixos estratéxicos e prioritarios xunto a sanidade e educación.

Xosé Carlos Ares Pérez, guionista e produtor, falou en nome de representantes de traballadores, sindicatos, artistas visuais ou escritores, entre outros, para reivindicar o papel destes profesionais e para pedir aos grupos parlamentados que axuden a que esta sexa "a lexislatura dos coidados".

Entre as principais demandas, atópase un incremento da porcentaxe de investimento público no sector, que é "imprescindible" polo patrimonio material e inmaterial que representa. Ademais debe ser declarado "ben de primeira necesidade" e recoñecer o dereito á cidadanía ao acceso á cultura.

Así mesmo, reclaman que se incremente o aforamento actual permitido de 30 persoas, que é "claramente insuficiente", sobre todo en comparación con outros casos e actividades nos que este ascende ata o 50 por cento.

Doutra banda, pídese promover unha simplificación "masiva" de trámites burocráticos para acceder a axudas, tanto na fase de tramitación como na xustificación, ademais de que se poña en valor o traballo e as horas dedicadas á preparación das obras, como é o caso da escritura.

COMPENSAR AS PERDAS

Neste sentido, pídese axudas directas a diferentes sectores, investindo "máis no contido que no continente", entre eles a escritores, técnicos de espectáculos, ademais dunha maior desgravación a empresas profesionais culturais nos tramos impositivos que dependan da Xunta.

Os profesionais apostan por subvencións específicas para compensar perdas por cancelación de espectáculos debido á COVID, prestacións directas a traballadores por conta allea e un protocolo unificado que ofreza garantías para un sector que, ademais, demostrou unha actividade "segurida".

Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo
Teatro María Casares. REMITIDA - Arquivo

LEI AUDIOVISUAL

Previamente compareceu María del Carmen Quintas Cruceira, xerente da empresa Ficción Producións, que reivindicou a boa saúde do audiovisual galego como un "referente" no panorama nacional e internacional, situándose como un foco e unha vía destacada á hora de apostar pola recuperación económica

Entre outras cuestións, pediu que as achegas de Agadic e CRTVG a producións non baixen do 30 e 10%, no caso de pequenos e grandes proxectos; se impulse unha Filme Comission galega; e animou aos grupos a actualizar a lei do audiovisual, en consonancia coa lexislación estatal e europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta