Vero Boquete: "A Irmandiña impulsou o fútbol feminino en Galicia, pero aínda queda moito por facer"

"Agora son máis as nenas que queren xogar ao fútbol e isto é unha boa noticia a nivel profesional e a nivel social", di Vero Boquete, que participou con Sergio Álvarez, Fernando Vázquez e Xurxo Souto nunha charla sobre o fútbol galego.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O fútbol feminino segue sendo unha materia pendente por parte das administracións públicas, que non apostan pola creación dunhas Seleccións Galegas estables que permitan que as mulleres xoguen a nivel profesional na nosa terra. Así o defenderon as participantes da charla "A Irmandiña: unha selección de futuro", organizada polo Colectivo Nós, e que foi retransmitida polas súas canles de Facebook e Youtube o xoves 19 de novembro.

Vero Boquete celebra un gol co Frankfurt alemán.
Vero Boquete celebra un gol co Frankfurt alemán.

"Grazas aos primeiros anos da Selección Galega, deuse visibilidade ao fútbol feminino e impulso a nós como xogadoras para poder cumprir o noso soño de representar á nosa terra a nivel profesional", defendeu Verónica Boquete. Dende os primeiros partidos que xogaron como Selección Galega Feminina galega ata a actualidade, a situación mudou notablemente: "Agora son máis as nenas que queren xogar ao fútbol e isto é unha boa noticia a nivel profesional e a nivel social. Que os pais dunha nena, e a sociedade en xeral, animen a unha muller a xogar ao fútbol é moi importante".

VISIBILIDADE DO FÚTBOL FEMININO GALEGO

Na actualidade, as galegas temos a "ilusión colectiva da creación dunha Selección Galega Feminina estable que permita que as futbolistas poidamos competir a nivel profesional contra outras Seleccións e deixar un pouco de Galicia en cada sitio ao que vamos". Neste sentido, Vero Boquete afirmou que a Federación Galega ten o compromiso de fomentar o fútbol feminino.

Por outra banda, a xogadora criticou a pouca visibilidade que se lle dá ao deporte feminino nos medios de comunicación: "É evidente que os medios de comunicación non falan do deporte feminino, deberían darlle máis espazo para que a xente o consuma", asegura. Por outro lado, defende que tamén é traballo da Federación e dos clubes darse a coñecer. 

A tertulia, organizada polo Colectivo Nós, contou cos relatos da xogadora así como do músico e escritor Xurxo Souto, do adestrador do R.C. Deportivo da Coruña, Fernando Vázquez, e do porteiro celeste Sergio Álvarez. As intervencións das participantes foron moderadas pola xornalista María Sabarís, quen conseguiu sacar proveito dunha charla que xirou en torno ao futuro das Seleccións Galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta