Precariedade no ensino?... A Cig denuncia que Educación mantén 220 aulas con docentes temporais

Esixen á Xunta que regularice estas aulas e as inclúa no concurso de traslados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

Nova comunicación da CIG-Ensino a respecto da situación das aulas galegas. O sindicato vén de anunciar que solicita á Consellería a creación de 224 postos fixos logo de concluír que a Consellería, din, leva tempo empregando persoal temporal para este mesmo número de prazas. Segundo destaca o sindicato, existen actualmente un total de 224 aulas habilitadas durante "bastante tempo" que a Xunta, porén, segue a atender con profesional non estable.

Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press
Unha profesora coloca carteis de medidas preventivas ante o COVID-19 na aula. Álex Zea - Europa Press

A demanda dos sindicatos, pois, é que a Consellería de Educación tome medidas e ofreza estas mesmas prazas como parte do catálogo de postos de traballo, o que permitiría dar empreog a 224 persoas de xeito fixo. Segundo destacan a raíz dun estudo, 149 destas aulas corresponden a educación primaria, mentres que as restantes 75 atópanse en educación infantil.

De comezar a ofrecer as prazas como tal, estas poderían ser ofrecidas no seo do Concurso de Traslados. Segundo o sindicato, estas aulas foron creadas por "diversas circunstancias", entre elas a "necesidade de facer desdobramentos cando se supera a ratio máxima de 25 alumnos por aula" ou "cando existe moito alumnado con necesidades especiais" ou "repetidor".

O sindicato denuncia que estas aulas, malia manterse "estables no tempo", non foron incluídas como prazas do profesorado que imparte clases neles na oferta de traslados, nin tampouco computan a efectos de profesorado especialista. O sindicato esixe que se estuden "todos os centros citados" para "modificar o catálogo de postos de traballo" e ampliar así o corpo estable de docentes. "Solicitamos igualmente que esta modificación se faga á maior brevidade para que teña xa efectos neste Concurso Xeral de Traslados favorecendo así a estabilidade nos claustros do profesorado dos colexios de Galiza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta