Feijóo insiste en que se poidan facer test en farmacias a pesar da oposición de médicas e enfermeiros

Con todo, e tras as críticas destes profesionais, suliña que a súa prioridade é facer as probs "coa enfermaría do Sergas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu Goberno non destacar facer test de antíxenos nas oficinas de farmacia en caso de non contar co persoal de enfermaría "suficiente" para pór en marcha estas probas. Unha medida que choca frontalmente coa opinión dos colectivos médico e de enfermaría que rexeitan a medida.

Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello e ao ser preguntado pola postura de Galicia sobre a realización destas probas en farmacias, explicou que esta cuestión está a ser abordada polo comité clínico que asesora á Xunta polo que non descarta "utilizar" este tipo de probas "con maior intensidade en determinados supostos, en determinados colectivos e en determinados territorios".

"E tampouco descartamos, se non temos persoal, pedir axuda ás oficinas de farmacia", manifestou Feijóo nunha intervención na que sostivo que o seu Goberno prefire "facer os test coa enfermaría do Sergas".

"A cuestión é que cando temos a enfermaría ocupada noutras patoloxías ou nesas patoloxías pero facendo outro tipo test noutros lugares, imos ter en previsión as oficinas de farmacia para que nos complementen o traballo de diagnóstico que fai a enfermaría e o resto de persoal do Servizo Galego de Saúde", apuntou.

Todo iso nunha comparecencia na que lembrou que Galicia foi a primeira comunidade autónoma que fixo test nas farmacias coa posta en marcha de 10.000 probas de dobre banda a través dun convenio co Colexio de Farmacéuticos de Ourense, colectivo ao que agradeceu o seu traballo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta