O Sergas anuncia case 500 prazas MIR, a "maior oferta de prazas" de formación sanitaria en Galicia

Tamén se oferta o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de Pediatría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2020 | Actualizada ás 18:42

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este venres que o Servizo Galego de Saúde presentará a maior oferta de prazas de formación sanitaria especializada, con 491, un 7,4% máis que en 2019.

Diso informou na rolda de prensa posterior á reunión semanal do seu Goberno, na que precisou que, na convocatoria de 2020, ofértase o 100% das prazas acreditadas de formación de especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, cun incremento de 13 sobre a oferta inicial pasada, ata alcanzar as 142.

Así mesmo, sinalou que tamén se oferta o 100% das prazas acreditadas nas especialidades de Pediatría, 27 prazas, e nas relacionadas coa atención a pacientes covid-19, tales como Medicina Interna, Microbioloxía, Medicina Intensiva e Anestesioloxía e Reanimación.

Segundo indicou, a esta convocatoria incorpóranse, ademais, prazas de recente creación en Inmunoloxía, Microbioloxía e Parasitoloxía, Reumatoloxía, Cirurxía Torácica, e Oncoloxía Médica. Feijóo explicou que o Servizo Galego de Saúde financiará o 100% destas prazas con cargo aos seus orzamentos, ás que destinará en 2021 case 60 millóns de euros.

Reunión semanal do Consello da Xunta. XUNTA/ ANA VARELA / Europa Press
Reunión semanal do Consello da Xunta. XUNTA/ ANA VARELA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta