A Xunta substitúe ao director xeral de Minas e pon no seu lugar a súa número dous

Nomea como novo director xeral de Comercio a un ex responsable de Zara e Pull & Bear.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/11/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta anunciou este xoves o nomeamento de Paula Uría Traba (Ferrol,

O ex director xeral de Enerxías e Minas, Anxo Bernardo Tahoces
O ex director xeral de Enerxías e Minas, Anxo Bernardo Tahoces | Fonte: XUNTA

1975) como directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Un cargo no que substitúe ao director xeral de Minas, Angel Bernardo Tahoces, co que xa traballou como segunda nesta Dirección Xeral.

Tahoces foi duramente cuestionado nos últimos anos pola súa política a prol das grandes mineiras e mesmo chegou a ser imputado por prevaricación ambiental no caso da polémica mina de Lousame. De feito, varias asociacións ecoloxistas tiñan pedido desde hai meses a súa dimisión. 

Paula Uría, enxeñeira industrial na especialidade enerxética pola Escola Politécnica Superior de Ferrol e Máster en xestión de enerxías renovables pola Universidad de Cádiz, é funcionaria no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia. A súa traxectoria profesional está ligada á

Administración autonómica, na que desempeñou diversos cargos tanto no Inega como

na anterior Dirección Xeral de Enerxía e Minas da que era, desde 2015, subdirectora

xeral de Enerxía. 

"Como nova directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, afronta o

reto de abordar a transición ecolóxica para contar cunha Galicia máis verde e impulsar

o uso das enerxías renovables tanto no eido industrial como doméstico", apunta a Xunta nun comunicado.

DIRECTOR XERAL DE COMERCIO

Por outra banda, o Consello da Xunta aprobou tamén o nomeamento de Manuel Heredia Pérez (Madrid, 1976) como novo director xeral de Comercio e Consumo da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

 

A Xunta destaca que Heredia ten estudos na Universidade de Artes de Londre e está

vinculado ao sector do comercio desde hai máis de vinte anos, tanto en establecementos retallistas na cidade da Coruña como no sector téxtil, no ámbito do deseño e no departamento de compras de empresas como Pull and Bear, PVH Arrow e Zara, con responsabilidades nos mercados nacionais e internacionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Cesaron a Tahoces? Non sei si será unha boa nova