O Igape duplica fondos en 2021 ata os 260 millóns de euros

Conde asegura que existe unha "partida específica" de 115 millóns de euros para propostas que saian da comisión de reactivación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) duplicará os seus fondos en 2021 ata alcanzar os 260 millóns de euros, o que supón máis da metade dos 512 millóns de euros consignados á Consellería de Economía, Emprego e Industria que dirixe o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde.

O propio Conde repasou estas cifras nunha entrevista concedida á Radio Galega este domingo, véspera de que o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, entregue o proxecto de orzamentos do Goberno galego 2021 na Cámara galega e se active a súa tramitación parlamentaria.

Así, segundo concretou o vicepresidente segundo, as contas aprobadas no Consello da Xunta do pasado venres destinan 512 millóns de euros para a carteira de Economía, que terá como prioridade o próximo ano "a industria e a creación de emprego". "É o que nos piden os autónomos, as pequenas empresas e os colectivos máis necesitados", manifestou Francisco Conde, que asegurou que o Igape "duplicará" o seu orzamento en 2021 ata alcanzar os 260 millóns de euros.

OBXECTIVO: "REACTIVAR GALICIA"

Conde puxo o acento en que o obxectivo destas contas, nun "momento clave" como o actual, é achegar "estabilidade e certidumbre" para "facer fronte á pandemia e reactivar Galicia". Neste sentido, afirmou recollen "o maior gasto social" da historia de Galicia, así como "o maior investimento" para "centrarse" nas necesidades do país ante as esixencias que marca a crise provocada pola pandemia.

112 MILLÓNS PARA A COMISIÓN DE REACTIVACIÓN

Por último, apelou a que os partidos da oposición na Cámara galega --BNG e PSdeG-- actúen con responsabilidade para "sumar e tentar achegar" aos orzamentos da Xunta agora que empezan a súa tramitación parlamentaria. De feito, asegurou que os orzamentos para 2021 reservan un "fondo específico" dotado con 115 millóns de euros para dar cobertura a iniciativas que partan da comisión de reactivación creada na Cámara galega.

Francisco Conde. Xunta de Galicia
Francisco Conde. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta