As vendas da industria rexistran en Galicia un aumento do 10,5% en setembro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2020 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria rexistrou en setembro en Galicia un aumento do 10,5%, só superado por Aragón (10,9%), respecto ao mesmo mes de 2019, segundo datos feitos públicos este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Con todo no que vai de ano experimentou un descenso do 9,2%, fronte ao 14,1% a nivel nacional onde a cifra de negocios da industria caeu un 3,3% en setembro en taxa interanual.

Trátase dunha taxa case sete puntos superior á de agosto (-10%) e moito máis moderada que o esborralle histórico de abril, cando a paralización case total do sector durante a primeira metade de mes levou a un retroceso das vendas superior ao 40%.

Coa caída de setembro, a facturación da industria encadea sete meses consecutivos de taxas interanuais negativas debido aos efectos da crise sanitaria sobre o sector.

Por sectores, os bens de consumo duradeiro e os bens de equipo elevaron a súa facturación respecto de setembro de 2019, con avances do 11,9% e do 6,7%, respectivamente. Pola contra, a enerxía recortou as súas vendas un 49,2% interanual; os bens intermedios facturaron un 1,6% menos, e os bens de consumo non duradeiro venderon un 1,1% menos que en agosto.

Empresa Papeleira de Brandia, en Santiago de Compostela. CONCHI PAZ - Arquivo
Empresa Papeleira de Brandia, en Santiago de Compostela. CONCHI PAZ - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta