A ocupación do transporte público interurbano descendeu un 50% desde o inicio da pandemia

Xunta e UDC asinan un convenio para reducir entre un 35 e un 50% o prezo das viaxes en autobús a universitarios

Por E.P. | A CORUÑA | 23/11/2020 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cifrou nun 50% a baixada da ocupación do transporte público interurbano en Galicia desde o inicio da pandemia e considera que está "lonxe" de cifras anteriores. "A recuperación está lonxe da porcentaxe de antes da pandemia", lamentou.

A responsable autonómica, en declaracións aos medios de comunicación na Coruña, resaltou que durante as fins de semana o número de persoas que viaxa entre municipios galegos aínda é máis baixa e diminúe "de forma importante" con respecto a antes de marzo.

Pese ao descenso, a conselleira lembrou que o transporte público ten "protocolos moi estritos" e que o seu departamento traballa "para que a mobilidade sexa segura". Ademais, apuntou que a ocupación do transporte público nas cidades sempre é "algo máis" alta con respecto ao interurbano.

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, que comparecía xunto á conselleira tras a firma dun convenio, tamén constatou que é menor a afluencia en autobús ás facultades. "Hai menos asistencia presencial aos campus", apuntou, destacando tamén que os aforamentos son máis reducidos nos propios vehículos.

AFORRO

Ambos os responsables institucionais asinaron un convenio para rebaixar o prezo do billete de bus a universitarios durante este curso, como en anos anteriores, para que sexa "máis atractivo". A diminución, explicou Vázquez, estará entre o 35 e o 50%, polo que un alumno de Cambre, por exemplo, pagará 44 céntimos para chegar ao campus de Elviña.

En total, a conselleira calcula que un estudante pode beneficiarse dun aforro de ata 740 euros en todo o curso grazas á achega económica de ambas as institucións. "Son aforros importantísimos", afirmou. A UDC bolsa a 2.500 alumnos en transporte e a Xunta rexistra máis de 180.000 cartóns de transporte na comarca que se poden adherir á medida.

Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo
Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta