A OMS pide responsabilidade a gobernos e cidadáns de cara ás reunións familiares en Nadal

A Organización Mundial da Saúde lembra que a ciencia sinala que cando hai transmisión comunitaria as reunións sociais favorecen o contaxio do coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 23/11/2020 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

A Organización Mundial da Saúde (OMS) pediu tanto aos gobernos como aos cidadáns ser responsables á hora de permitir ou asistir a reunións familiares de cara ás próximas vacacións de Nadal.

Nadal en Vigo
Nadal en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Os dirixentes da OMS lembraron que a ciencia sinala que cando hai transmisión comunitaria as reunións sociais favorecen o contaxio do coronavirus, polo que destacaron a importancia de que, no caso das autoridades sanitarias, teñan en conta a situación do país á hora de tomar decisións.

"É moi importante separar a parte da ciencia do resto de aspectos sociais. Os gobernos deben tomar decisións segundo a situación epidemiolóxica do seu país, do tempo no que os cidadáns estean confinados e da arquitectura sanitaria que teñen para detectar casos e illalos", dixo o director de Emerxencias Sanitarias da OMS, Michael Ryan.

Así mesmo, a doutora responsable de enfermidades emerxentes e zoonosis da OMS, Maria Van Kerkhove, avisou á poboación de que ten que analizar a que persoas vai visitar este Nadal, sinalando que a decisión ten que pasar "polo respecto a un mesmo, á comunidade e á familia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta