Versións diferentes entre as secretarias do Carballiño sobre as contratacións durante o mandato de Pachi Vázquez

Outra testemuña asegurou que "non tiña formación en arquivos" polo que "lles facía un oco aos papeis" que lle daban "nun andel".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

As dúas secretarias que traballaron no Concello do Carballiño durante o mandato como alcalde do exlider do PSdeG Pachi Vázquez diferiron en como levaban a cabo as tarefas á hora de realizar os decretos de contratación.

O testemuño das dúas secretarias centrou a seguna sesión do xuízo que se celebra o Ourense contra Pachi Vázquez e outro catro edís por un suposto delito de prevaricación relacionado cuns 60 contratos.

Así pois, a primeira secretaria que empezou a traballar no Concello como asesora xurídica en 1998, recoñeceu que exerceu como secretaria accidental entre o 2000 e o 2004 e asegurou que, durante o tempo que permaneceu no cargo a súa función, "si que involucraba ler os distintos decretos de contratación" e postular a súa firma "confirmando a legalidade".

Neste sentido, sostivo que, mentres ela estivo no cargo, explicou a concelleiros e ao alcalde a correcta forma de publicar prazas para traballos municipais", que pasa pola accesibilidade, a igualdade, o mérito e a capacidade.

No entanto, sinalou que tiña un secretario de categoría superior, José María Baño, co que "formaba un equipo" encargado de revisar esta documentación e afirmou que ningún dos dous "reparou en nada que supuxese unha falta contra estes principios de contratación pública".

EXCEPCIONALIDADE

No entanto, no 2004 incorporouse ao cargo unha nova secretaria que estivo ata 2011. Preguntada pola fiscal sobre como se garantía que se cumprise os principios para poder optar a unha praza pública, esta optou por gardar silencio.

Tamén reiterou o seu silencio ao ser preguntada pola fiscal sobre se como secretaria era consciente de como se realizaban as contratacións no Concello. Con todo, a posteriori admitiu que "algúns excepcionalmente cubrían os procedementos" e que, co resto, "non sei que se facía". "Xa non o lembro", afirmou.

A diferenza da anterior secretaria, declarou que a súa firma "non daba legalidade aos decretos" e sostivo que, "ás veces", "asinábaos sen ler" tendo en conta que "xa tiñan a firma do propio alcalde".

Así mesmo, afirmou que se non lle solicitaban informes previos de legalidade "non os facía" e que "non había selo de rexistro posto que en materia de contratación non era obrigatorio".

"Había pouco persoal e moito traballo. Non había capacidade material para ler todos os decretos", asegurou antes de sinalar que "non se lle pediu asesoramento á hora das contratacións" senón que, "decatábase porque o ouvía polo concello"

Con todo, expresou que "se empezou a facer o procedemento mellor" cando entrou á alcaldía Carlos Montes e estaba de concelleira de Persoal José Antonio Barge --dous do catro acusados no xuízo--. Ademais, testificou que adviritó "verbalmente de irregularidades administrativas tanto a eles como ao propio Pachi Vázquez.

ARQUIVO

Outras dúas das persoas chamadas a testificar na vista oral foron as encargadas do arquivo. O primeiro arquiveiro, que traballou desde 1998 ata a 2010 --data na que se xubilou-- asegurou que, por aquel entón, todas as informacións do Concello estaban na segunda planta do edificio, que funcionaba como arquivo, e se rexistraban nun IMB 386.

Tras a súa marcha, parte da información dividiuse noutra instalación do Concello e nunha nave situada no polígono industrial.

Con esta división da información atopouse o segundo traballador, que se incorporou no 2014, sendo con anterioridade policía local. El mesmo manifestou que "non tiña formación en arquivos" polo que "lles facía un oco aos papeis" que lle daban "nun andel". "E xa", expresou.

Nese ano, declarou que a secretaria lle pediu que localizase os expedientes dos procesos selectivos que agora se xulgan e que "dalgunhas persoas apareceron e doutras non". Ademais, ratificou que, na nave industrial, houbo un incendio que afectou a "maquinaria e vehículos que se atopaban alí" pero non soubo asegurar se tamén puido causar danos na documentación.

Acusados por prevaricación na pantalla do funcionariado xudicial (I-D): o exalcalde e exconcejal do PSdeG do Carballiño, Carlos Montes; a exconcejala de Asuntos Sociais, Elisa Domíngez; o exalcalde do PSdeG e actual concelleiro no Carballiño po. Rosa Veiga - Europa Press
Acusados por prevaricación na pantalla do funcionariado xudicial (I-D): o exalcalde e exconcejal do PSdeG do Carballiño, Carlos Montes; a exconcejala de Asuntos Sociais, Elisa Domíngez; o exalcalde do PSdeG e actual concelleiro no Carballiño po. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta