Un home rescata a unha anciá de 80 anos que caeu ao mar no porto da Coruña

O cidadán saltou á auga na mañá deste mércores. A muller foi trasladada con vida ao CHUAC.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Unha muller duns 80 anos de idade foi rescatada da auga por un cidadán que se atopaba paseando a primeira de hora da mañá deste mércores na zona portuaria da Mariña, na Coruña. Segundo fontes dos servizos de emerxencias consultadas por Europa Press, ao redor das 07,15 horas deste mércores, un home lanzouse á auga para axudar a unha octoxenaria que acaba de precipitarse ao mar.

Unha vez fose da auga, membros da Policía Local desprazados ao lugar iniciaron a manobra de reanimación ata a chegada dos efectivos de Urxencias Sanitarias 061, que procederon a trasladar á muller ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A vítima atopábase con vida no momento do traslado ao hospital herculino, segundo fontes de emerxencias.

Paseo do Parrote, porto da Coruña
Paseo do Parrote, porto da Coruña | Fonte: Architonic

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta