Sanidade traballa en adecuar o plan de vacinación ás "particularidades" de Galicia

O Ministerio de Sanidad e CCAA analizarán o plan de vacinación de Covid este mércores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 16:40

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, traballa xa en como adecuar o plan de vacinación que anunciou o Goberno central ás "particularidades" de Galicia. Ao ser preguntado por esta cuestión na reunión posterior ao comité clínico, Comesaña reprochou que o documento do Goberno central chegou "ás 20 horas" deste martes, pero indicou que desde entón o departamento autonómico xa comezou a traballar sobre el.

Este plan tamén lles será presentado este mércores ás comunidades autónomas no marco do consello interterritorial, aínda que a Xunta "xa está a traballar" en como adecuar as particularidades. Comesaña dixo que Galicia prefire que "haxa un certo documento marco", pero a partir do cal traballa xa en "particularizar" ese documento, porque "por suposto" a comunidade galega ten singularidades.

O ministro de Sanidade, Salvador Illa (esquerda), xunto ao conselleiro galego de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita ás instalacións do grupo Zendal, no Polígono Industrial A Relva do Porriño. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
O ministro de Sanidade, Salvador Illa (esquerda), xunto ao conselleiro galego de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a súa visita ás instalacións do grupo Zendal, no Polígono Industrial A Relva do Porriño. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

PLENO DE SALVADOR ILLA E CCAA

O pleno do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS), presidido polo ministro de Sanidade, Salvador Illa, e no que participan os conselleiros do ramo das comunidades autónomas, vai analizar este mércores o Plan de Vacinación contra Covid-19, aprobado este martes polo Consello de Ministros.

Ademais, o Ministerio de Sanidade presentará aos conselleiros a situación actual sobre as vacinas dispoñibles, e realizarase unha análise e valoración da situación actual da epidemia causada polo coronavirus. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta