Cada galego xera 1,15 kg de lixo ao día

Galicia está incrementando anualmente as toneladas de lixo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Cada galego xerou 421,7 quilos de residuos urbanos en 2018, unha cifra que vai á alza fronte aos 413,9 quilos de 2017, segundo os datos publicados este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En total, os galegos xeraron en 2018 máis de 1,1 millóns de toneladas de residuos urbanos. Esta cifra supón a sexta maior entre autonomías.

Á cabeza están Andalucía (con máis de 4,4 millóns de toneladas), Cataluña (con case 3,5 millóns), Comunitat Valenciana e Comunidade de Madrid (ambas as dúas con 2,5 millóns) e Canarias (1,3 millóns).

Deste xeito, as 1.138,2 miles de toneladas recollidas en Galicia en 2018 supoñen un lixeiro incremento fronte ás 1.118.999 miles de toneladas de 2017.

Do total de residuos urbanos en Galicia, a gran maioría son mesturados (953,9 miles de toneladas). Así mesmo, recolleuse: vidro (45,8 miles de toneladas), papel e cartón (37,5 miles de toneladas) e envases mixtos (25,9 miles de toneladas).

Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo
Colectores de reciclaxe de Sogama. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta