Din que o 'Black Friday' xerará 1.690 empregos en Galicia, un 4,7% menos que en 2019

Segundo a consultora Randstad esta práctica exportada dos EE.UU. xerará 27.430 empregos.

Por E.P. | Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

O 'Black Friday' e o 'Cyber Monday' xerarán en Galicia 1.690 empregos, un 4,7 por cento menos que no ano 2019, segundo as previsións do grupo de recursos humanos Randstad.

A compañía estima que en España se producirán unhas 27.430 contratacións este ano, o que supón un 5,4% menos respecto de 2019, cando se asinaron pouco máis de 29.000, segundo as previsións do grupo de recursos humanos Randstad.

Para efectuar estas previsións, Randstad tivo en conta os sectores de comercio e loxística e transporte, directamente relacionados co incremento do consumo durante este período.

O 62,8% dos contratos asociados ao 'Black Friday' deste ano produciranse no sector da loxística, que aumentou substancialmente a súa importancia con respecto ao ano pasado, cando o seu peso era do 54,2%. Pola súa banda, o comercio concentrará o 37,2% dos empregos do 'Black Friday' despois de supor en 2019 o 45,8% de todos os contratos.

Black Friday. BANCO DE ESPAÑA - Arquivo
Black Friday. BANCO DE ESPAÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta