Sánchez celebra o "principio do fin da pandemia" ante o avance das vacinas

"Comezamos a ver a luz ao final do túnel", declarou o presidente do Executivo central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/11/2020 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, destacou este xoves que xa se está "ao principio do fin da pandemia" de covid-19 grazas á publicación, nas últimas semanas, de datos positivos das vacinas que se están desenvolvendo contra o coronavirus e polo Plan de Vacinación contra a enfermidade, aprobado este martes polo Consello de Ministros.

Sánchez pronunciouse así tras visitar, xunto ao ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, a fábrica de Laboratorios Farmacéuticos Rovi en San Sebastián de los Reyes (Madrid), onde se realizará a gran escala o enchido e acabado da vacina candidata ARNm contra a enfermidade da compañía Moderna.

"Estamos a vivir un momento moi complexo, pero xa empezamos a ver a luz ao final do túnel, xa estamos ao principio do fin da pandemia grazas á chegada das futuras vacinas e á estratexia de vacinación. Ata agora había que tratar de controlar e ter unha convivencia co virus, pero agora o propósito é xa neutralizalo e, para iso, é fundamental a vacina e a vacinación", comentou Sánchez.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (i), e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, á súa chegada a unha sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, en Madrid, (España), a 28 de outubro de 2020. O Goberno respondeu, entre outras. EUROPA PRESS
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez (i), e o ministro de Sanidade, Salvador Illa, á súa chegada a unha sesión de control ao Goberno no Congreso dos Deputados, en Madrid, (España), a 28 de outubro de 2020. O Goberno respondeu, entre outras. EUROPA PRESS | Fonte: E. Parra. POOL - Europa Press

Neste sentido, o presidente do Goberno lembrou que unha das principais leccións que hai que sacar da pandemia do Covid-19 é que a ciencia non só contribúe ao progreso da investigación, innovación e desenvolvemento, senón tamén á seguridade nacional, algo que entre os países occidentais non se tivo en conta ata agora.

Por iso, Sánchez subliñou a importancia de reforzar a capacidade científica e investigadora de España, así como potenciar a colaboración público-privada, lembrando o compromiso do Goberno e do Congreso dos Deputados de alcanzar un pacto pola ciencia que garanta a seguridade nacional e o progreso económico no sector.

Finalmente, o presidente do Goberno deu o parabén aos laboratorios Rovi pola súa traxectoria e por alcanzar un acordo coa compañía Moderna. "É un orgullo que unha empresa española vaia fabricar unha das primeiras vacinas de Covid-19", resolveu.

Desde as súas instalacións, Rovi vai dar soporte á produción de centos de millóns de doses da vacúa candidata de Moderna para abastecer os mercados de fóra de Estados Undos a partir de principios de 2021. Para iso, a compañía tivo que adquirir unha nova liña de produción e equipos para a formulación, o enchido, a inspección visual automática e a etiquetaxe. Ademais, tamén contratou persoal adicional para as operacións de fabricación e produción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta