Convocan unha "folga de consumo" no Black Friday para loitar contra a "cobiza" de Amazon

Ecoloxistas denuncian que o confinamento "acelerou" a compra online neste portal, ao que acusan de apoiarse no "consumo compulsivo".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

O movemento ecoloxista contraprograma unha xornada ao Venres Negro. O famoso día de supostos descontos que marca puntos álxidos de consumo a nivel anual vén de ser contestado pola plataforma Ecoloxistas en Acción, que "un ano máis" chama a se sumar ao Día sen Compras. Esta xornada de "folga simbólica", celebrada den 1992, pretende chamar a atención e "cuestionar" o "actual modelo de produción e consumo que  mercantiliza todas as esferas da nosa vida".

Interior do centro comercial Marineda City, na Coruña. ROBERTO TREVINO - Arquivo
Interior do centro comercial Marineda City, na Coruña. ROBERTO TREVINO - Arquivo

A xornada vén mercada con especial vehemencia por parte das plataforma ecoloxistas tendo en conta o contexto de pandemia. Neste aspecto, a plataforma chama a non acudir aos centros comerciais para "evitar a propagación da enfermidade, e o medo pola nosa saúde, pero tamén polas consecuencias sociais e económicas da situación". Este último aspecto é crucial no seo das demandas da plataforma, xa que o comercio online tamén se atopa no punto de mira das reivindicacións. 

Segundo a plataforma, a covid estase deixando sentir nunha "aceleración" da compra online, na que a maioría produtores e comerciantes "non compite en igualdade de condicións" pola presenza de "grandes plataformas" como Amazon. Neste aspecto, Ecoloxistas en Acción trata á compañía de Bezos -o home máis rico do mundo nestes intres- como "a gran beneficiada pola pandemia."

"CONSUMO COMPULSIVO"

"Parte do éxito de Amazon aséntase en alentar un consumo compulsivo, apoiado na comodidade da compra, que non require ningún esforzo e permite poder dispoñer do ben nunhas poucas horas e a baixos prezos", explican. "Este consumo vólvese aínda máis voraz e innecesario en datas como o Black Friday e o Cyber Monday, impulsado por importantes campañas publicitarias e as correspondentes ofertas", subliñan.

Neste contexto, a plataforma chaman a evitar "ese efémero momento de felicidade" que, din, xera a compra para frear tamén o modelo de negocio que estende Amazon, que para os ecoloxistas "representa a deslocalización da produción con respecto ao consumo, o cal nunha perentoria crise climática, ten importantes consecuencias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta